14
Decembro
2011

II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos

Correo-e Imprimir PDF

A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) convoca o II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Bases Díptico

 

 


Ler máis...
 
29
Novembro
2011

Olimpíada Matemática Galega 2011-12

Correo-e Imprimir PDF

Está aberto o prazo de inscrición para participar na Olimpíada Matemática Galega 2011-2012 que constitúe a Fase Autonómica en Galicia da XLVIII Olimpiada Matemática Española, convocada pola Real Sociedad Matemática Española.

As probas, organizadas póla Asociación Eduardo García-Rodeja Fernández, celébranse na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, e nelas selecciónanse ata 9 estudantes para representar a Galicia na Fase Nacional.

Como novidade para esta convocatoria, as probas terán lugar o sábado 17 de decembro de 2011, en sesións de mañá e tarde.

Pódese ver toda a información, e realizar a inscrición, na páxina web: http://www.usc.es/olympia

 
16
Febreiro
2011

Divestadística: portal de divulgación estatística

Correo-e Imprimir PDF

Comeza a súa andadura Divestadística, un proxecto de divulgación científica da Escuela Andaluza de Salud Pública que ten por obxectivo difundir o coñecemento estatístico de forma comprensible para toda a poboación, incluíndo aos profesionais doutras áreas de coñecemento científico non especialistas en Estatística.

As seccións do portal actualízanse trimestralmente con contidos multimedia, artigos, vídeos, laboratorio, dicionario, imaxes e moitas utilidades máis. ¡Navega e divírtete!

Web: Divestadística

 
16
Novembro
2010

Red Nacional de Bioestadística (BIOSTATNET)

Correo-e Imprimir PDF

A Unidade de Bioestatística do Departamento de Estatística e Investigación Operativa da USC creou a rede temática BIOSTATNET (Red Nacional de Biostadística), co obxectivo de conectar os investigadores españois de Bioestatística, cun enfoque flexible, aberto, integrador e interdisciplinar.

Páxina web: BIOSTATNET

 
29
Setembro
2010

Día Mundial da Estatística: 20 de outubro de 2010

Correo-e Imprimir PDF

O mércores 20 de outubro de 2010 celebrouse na Facultade de Matemáticas o Día Mundial da Estatística, cunha  interesante xornada organizada por SGAPEIO, na que participaron profesionais de distintos ámbitos.

No apartado de Formación e Actividades desta web están dispoñibles en formato pdf as ponencias presentadas. 

 

Acceso



Asóciate