III CONGRESO GALEGO DE ESTATÍSTICA
E INVESTIGACIÓN DE OPERACIÓNS
Lugo, 6-8 de novembro de 1997

PRIMEIRA CIRCULAR: ANUNCIO DO CONGRESO


Sede do Congreso

A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións, na súa asemblea xeral celebrada en Vigo durante o último congreso, decidiu encargar a organización do III Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións ó Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coas niversidades de Vigo e A Coruña.


O congreso, por acordo do comité organizador, terá lugar en Lugo, no auditorio da Facultade de Veterinaria, os días 6, 7 e 8 de novembro de 1997.

Programa

O programa definitivo de actividades do congreso será remitido nos próximos meses, e inclúe: conferencias, mesas redondas, sesións de comunicacións e actividades culturais complementarias. Está prevista a participación, tanto nas conferencias como nas mesas redondas, de especialistas da estatística e investigación de operacións de reconocido prestixio a nivel nacional e internacional. Os temas a tratar abarcarán diversos campos: teoría de xogos, estatística oficial, quimiometría, as autoestradas da comunicación, etc.

Preinscrición

Os interesados en participar no III congreso e os que desexen seguir recibindo información sobre o mesmo, deben realizar a preinscrición antes do día 25 de abril de 1997 cubrindo o BOLETIN DE INSCRIPCIÓN que poderá ser enviado ben pola propia rede, ben por correo ordinario a:

Luis Alberto Ramil Novo
III Congreso SGAPEIO
Dpto. de Estatística e I.O.
Facultade de Ciencias
Campus Universitario
27002 Lugo

ou ben por fax, especificando o enderezo anterior, ó numero:

982 - 224904


Esta páxina irase actualizando con toda a información relativa ó III congreso, nal cal podese cubrir o formulario de inscrición.



Cotas de inscrición

Ata o 30-9-97 Despois do 30-9-97
Non socios 12.000 Pts 17.000 Pts
Socios e estudiantes non socios 7.000 Pts 12.000 Pts
Estudiantes socios 5.000 Pts 10.000 Pts



Comunicacións

No congreso poderán participar tódalas persoas especialistas en estatística e investigación de operacións así como os profesionais do ensino, da administración e da empresa que empreguen na súa actividade as técnicas estatísticas ou de investigación de operacións, tendo a posibilidade de presentar comunicacións orais ou en forma de póster, sobre áreas temáticas relacionadas cos métodos estatísticos e de investigación de operacións, as súas aplicacións nos diversos eidos así como os aspectos didácticos no ensino da estatística e da investigación de operacións.

As persoas que desexen presentar algunha comunicación deberán remitir ó comité organizador antes do día 25 de abril de 1997 un resumo impreso da mesma (aproximadamente 100 palabras), e o traballo completo antes do 19 de setembro de 1997.

As normas sobre o formato de texto no que se deberán remitir o traballos das comunicacións enviaranse coa segunda circular. O comité organizador non garantiza a publicación nas actas do congreso dos traballos que se reciban con posterioridade ó 19 de setembro de 1997, nin de aqueles dos que ningún dos autores estea inscrito no congreso nesa data.