III CONGRESO GALEGO DE ESTATÍSTICA

E INVESTIGACIÓN DE OPERACIÓNS

Lugo, 6-8 de novembro de 1997

SEGUNDA circular: Programa

 

 

Sede do Congreso

 Os días 6, 7 e 8 de novembro do presente ano vaise celebrar na cidade de Lugo, no auditorio da Facultade de Veterinaria, o terceiro congreso galego de estatística e investigación de operacións que, promovido pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), está organizando o Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago de Compostela.

Presentación de comunicacións

 No congreso poderán participar os investigadores que desenvolvan ou utilicen técnicas estatísticas ou de investigación de operacións en calquera campo de actividade, así como os profesionais do ensino, da administración e da empresa que empreguen na súa actividade estas materias.

 Os participantes no congreso poderán presentar comunicacións orais ou en forma de póster sobre metodoloxías e aplicacións da estatística e da investigación de operacións, así como sobre aspectos didácticos no ensino da estatística e da investigación de operacións. Por este motivo o comité organizador considera de grande interese a participación no congreso dos profesionais do ensino, da empresa, da administración pública, do sector agroalimentario e forestal, da medicina, etc.

 O prazo para presentar comunicacións está aberto ata o día 19 de setembro de 1997. As persoas que desexen presentar algunha comunicación deberán enviar ó comité organizador, antes desa data, dúas copias do traballo completo (respectando as normas de mecanografiado expostas na folla que se acompaña): unha impresa, e outra en disquete de 3,5 pulgadas ou por correo electrónico como "attachment" ó enderezo:

  lramil@lugo.usc.es

 Os traballos deberán escribirse en formato Word 6.0 (ou anterior) ou en LaTex.

 
Programa

 Acompáñase un programa provisional das conferencias e mesas redondas. O programa definitivo, no que se incluirán as sesións de comunicacións e as actividades culturais e sociais complementarias, enviarase proximamente.

 

Cotas de inscrición

 

 

Ata o 30-9-97

Despois do 30-9-97

Non socios

12.000 ptas.

17.000 ptas.

Socios e estudiantes non socios

7.000 ptas.

12.000 ptas.

Estudiantes socios

5.000 ptas.

10.000 ptas.

 

Forma de pagamento

 Desde España:

O pagamento da cota de inscrición deberá realizarse mediante ingreso ou transferencia á conta corrente nš 2091-0152-20-3040057258 de CAIXA GALICIA, oficina principal, praza maior nš 16 , E-27001 Lugo en concepto de cota de inscrición - III Congreso SGAPEIO.

 

Desde Portugal:

O pagamento da cota de inscrición deberá realizarse mediante cheque nominativo en pesetas a nome da SGAPEIO - III Congreso.

 

Inscrición

Enviar por correo o boletín de inscrición que se acompaña e unha fotocopia do xustificante do pagamento da cota de inscrición a:

 

Luis Alberto Ramil Novo
III Congreso SGAPEIO
Dpto. de Estatística e I.O.
Facultade de Ciencias - Campus Universitario
27002 Lugo

 

Os asistentes ó congreso recibirán unha certificación que acredite a súa participación no mesmo e o certificado de presentación de comunicación ós que corresponda.

Calquera información adicional poderá solicitarse no teléfono:

 

982 - 223996 (Extensións 24057 ou 24061),