DÍA MUNDIAL DA ESTATÍSTICA (20/10/2010)

A SGAPEIO traballa nos actos de celebración do Día Mundial da Estatística

A SGAPEIO está xa a traballar na organización dos actos de celebración do Día Mundial da Estatística, o 20 de outubro de 2010, que Nacións Unidas estableceu para concienciar da relevancia desta ciencia na sociedade.

A importancia da estatística, instrumento de uso inevitable na busca de coñecemento, é hoxe incuestionable, ata o punto de que a revista Science cualifica os métodos estatísticos para interpretar datos en condicións de incertidume como un dos 20 desenvolvementos científicos “máis significativos” entre los acontecidos no século XX polo seu impacto sobre a nosa forma de vida e de coñecernos a nós mesmos e o mundo que nos rodea.

Os estudos de estatística son unha profesión de pasado, presente e futuro en numerosos campos, entre os que poden destacarse as Finanzas, a Enxeñaría, o Medio Ambiente, a Estatística Oficial (INE, IGE, EUROSTAT), as Ciencias da Saúde ou a Investigación e Docencia.