image1 image1 image1

Asociarse



¿Que che ofrecemos? | Cota | ¿Como asociarse?

¿Que che ofrecemos?
Dende a SGAPEIO queremos animarte a unirte ao noso colectivo, que ten como obxectivo promocionar e divulgar os métodos e aplicacións da Estatística e da Investigación de Operacións no ámbito galego (Artigo 2.1 dos Estatutos).

Deste xeito poderás disfrutar dos servizos e actividades que a nosa Sociedade ofrece:

  • Cada ano recibirás un número do Informest, que é a publicación periódica da SGAPEIO, na que se inclúen varias seccións que poden ser do teu interese, e na que podes participar con suxerencias, comentarios ou escribindo unha colaboración sobre un tema que poida ser de interese para o resto de socios e socias.

  • Semanalmente recibirás unha mensaxe de correo electrónico con anuncios sobre eventos de interese (cursos, xornadas, seminarios, ...) e ofertas de emprego.

  • Se eres estudante, poderás beneficiarte dun desconto na cota anual da Sociedade.

  • A SGAPEIO ten firmados acordos de reciprocidade coa Real Sociedad Matemática Española (RSME) e coa Sociedade Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA). En virtude destes acordos, podes ser tamén socio desas sociedades cun desconto do 50% na súa cota anual.

Ademáis realizamos unha serie de actividades como os congresos bianuais da Sociedade, nos que se presentan traballos sobre a investigación en estatística, o ensino medio, ou aplicacións en distintos campos como a bioestatística ou a estatística oficial. Estes encontros serven para poñernos ao día na nosa profesión é coñecer aplicacións da Estatística e a Investigación de Operacións noutros ámbitos distintos ao propio e facilitan o intercambio e a colaboración entre persoas da nosa Sociedade.
Unha vez ao ano celebramos unha asemblea xeral ordinaria; os anos que hai congreso da Sociedade, a asemblea celébrase coincidindo co congreso, e nos anos que non hai congreso, organízase algunha actividade complementaria, como unha conferencia ou charla de interese.

Cota
A cota establecida é anual:

Con reprocidade
Cota anual SGAPEIO RSME AGAPEMA AMBAS
  Ordinaria 33€ 58€ 56€ 81€
  Estudiante 12€ - - -
  Traballador/a do IGE 18€ 43€ 41€ 66€
  Socio institucional 175€ - - -


¿Cómo asociarse?
Para solicitar a alta na SGAPEIO é preciso cumprimentar o seguinte formulario.

Datos persoais
Datos profesionais
Datos do socio
Datos de conexión
Verificación
Click the image to reload. PHP FormMail Generator at http://phpfmg.sourceforge.net Recargar imaxe

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates