Os membros do xurado encargados de valorar as comunicación presentadas aos “Premios SGAPEIO ás mellores comunicacións presentadas por investigadores novos”, formado por Juan Manuel Vilar Fernández, Jacobo de Uña Álvarez e José Mª. Alonso Meijide, tendo en conta os traballos enviados e as presentacións realizadas durante o XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións, decidiron por unanimidade conceder os seguintes premios: 

‐ Premio á mellor comunicación teórica: Characterization of point processes with covariates through the first‐order intensity function, presentada por María Isabel Borrajo García. Coautores Wenceslao González Manteiga e Mª Dolores Martínez Miranda.
‐ Premio á mellor comunicación aplicada: Un modelo de programación matemática para la selección y asignación temporal de recursos aéreos destinados a la contención de un incendio forestal, presentada por Jorge Rodríguez Veiga. Coautoras: Balbina V. Casas Méndez e Mª José Ginzo Villamayor.

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates