image1 image1 image1

I Premio SGAPEIO á Innovación Pedagóxica (2000)

No ano 2000, A SGAPEIO, dentro do seu labor de promoción da estatística e da investigación de operacións, acordou convocar un premio á actividade cotián dos profesores e alumnos en secundaria, e estableceu o I Premio SGAPEIO á Innovación Pedagóxica en Centros de Educación Secundaria.

 

BASES | XURADO | TRABALLOS GAÑADORES

BASES

1. O obxecto do certame será a presentación de traballos orixinais sobre o desenvolvemento de alomenos unha unidade temática da Estatística ou da Investigación de Operacións no Ensino Secundario.

2. Valorarase que o traballo teña sido aplicado con éxito durante o curso 1999-2000.

3. O importe do premio para o curso 1999-2000 será de 300.000 pesetas.

4. Poderán concursar neste certame persoas individuais ou equipos, podendo presentar cada un deles un único proxecto ó concurso.

5. Os autores deberán presentar unha memoria, por quintuplicado, redactada en galego ou en castelán. Dita memoria deberá estar mecanografiada a dobre espacio, en tamaño DIN-A4, usando algún dos procesadores Word, Scientific Word ou Latex. Tamén deberá entregarse unha copia da memoria en soporte informático, podendo acompañarse, asimismo, material audiovisual (vídeos, diapositivas, etc.). Na portada dos traballos constará claramente o título e mailo nome dos autores.

6. Xunto coa memoria, os autores deberán remitir copia dos DNI e máis un currículo resumido (non máis de dúas páxinas por autor).

7. O prazo de presentación de traballos comprenderá dende o 10 de maio ata o 10 de xuño de 2000.

8. Os traballos deberán remitirse por correo certificado ó domicilio social da SGAPEIO con referencia: “PREMIO SGAPEIO”. Departamento de Estatística e I.O. Facultade de Matemáticas. 15706 Santiago de Compostela.

9. A proposta do Consello Executivo, o Presidente da SGAPEIO nomeará o Xurado encargado da resolución do premio. Dito xurado constará de cinco membros e estará presidido polo Presidente da SGAPEIO.

10. O xurado emitirá o fallo do premio e terá a facultade de interpretar as bases da convocatoria.

11. O fallo do xurado será inapelable e farase público xunto coa convocatoria da Asemblea Xeral da SGAPEIO do ano 2000.

12. O xurado poderá declarar deserto o premio. Tamén poderá otorgar o premio a máis dun proxecto, repartíndose a contía do mesmo entre os premiados.

13. Os gañadores do premio presentarán, no marco dos actos programados con motivo da celebración da devandita Asemblea Xeral, os traballos premiados.

14. Os traballos premiados serán propiedade da SGAPEIO.

15. Os traballos non premiados poderán ser retirados polos seus autores no prazo de seis meses dende a publicación do fallo. De non facelo así, os traballos serán propiedade da SGAPEIO.

16. A participación neste premio supón a aceptación destas bases.

 

XURADO
Presidente: D. Manuel Antonio Presedo Quindimil
Presidente da SGAPEIO e Profesor Titular de Estatística e Investigación Operativa da Universidade da Coruña
Secretario: D. Ignacio García Jurado
Catedrático de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago de Compostela
Vocais: D. Luis Bou García
Catedrático de Matemáticas do I.E.S. Ramón Menéndez Pidal de A Coruña

D. José Antonio Cajaraville Pegito
Profesor Titular de Didáctica da Matemática da Universidade de Santiago de Compostela

D. Paulino Estévez Alonso
Secretario de ENCIGA e Catedrático de Matemáticas do I.E.S. Rosalía de Castro de Santiago de Compostela

 

 

 

 

 

 

 

 

TRABALLOS GAÑADORES
Título: Estatística Descriptiva en 3º de E.S.O
Autores: - Dna. Mª Olga Alonso López
- D. Miguel Ángel Rodríguez-Gigirey Pérez
- D. Francisco Manuel Villanueva Fernández
- Dna. Montserrat Villar Riveira
Título: Proxecto EXES (Excel e Estatística)
Autores: - Dna. Teresa Castro Paz
- D. Gerardo Uría Cobas
2017  SGAPEIO   globbers joomla templates