image1 image1 image1

I Premio IGE á Innovación Pedagóxica (2008)

BASES | XURADO | TRABALLO GAÑADOR

 

BASES (Díptico) 

No marco do obxectivo de promoción da estatística e da investigación de operacións, a SGAPEIO (Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións) co financiamento do IGE (Instituto Galego de Estatística) convoca o "I Premio IGE á Innovación Pedagóxica", de acordo coas seguintes bases:

1. O obxecto do certame será a presentación de traballos orixinais sobre iniciativas innovadoras de ensino-aprendizaxe sobre probabiidade, estatística ou investigación de operacións.

2. Valorarase que o traballo teña sido aplicado con éxito nalgún centro educativo galego.

3. O importe do premio para o ano 2008 será de 4.500 euros.

4. Poderán concursar neste certame persoas individuais ou equipos, podendo presentar cada un deles un único proxecto ó concurso.

5. Os autores deberán presentar unha memoria, por quintuplicado, redactada en galego ou en castelán. Dita memoria deberá estar mecanografiada a dobre espacio, en tamaño DIN-A4, usando algún dos procesadores Word, Scientific Word ou Latex; software libre tipo OpenOffice. Tamén deberá entregarse unha copia da memoria en soporte informático, podendo acompañarse, así mesmo, material audiovisual (vídeos, diapositivas, etc.). Na portada dos traballos constará claramente o título e mailo nome dos autores.

6. Xunto coa memoria, os autores deberán remitir copia dos DNI e máis un currículo resumido (non máis de dúas páxinas por autor).

7. O prazo de presentación de traballos comprenderá dende o 1 de xuño ata o 30 de outubro de 2008.

8. Os traballos deberán remitirse por correo certificado ó domicilio social da SGAPEIO:
   SGAPEIO. Departamento de Estatística e I.O.
   Facultade de Matemáticas
   15706 Santiago de Compostela
   www.sgapeio.es

9. O xurado encargado da resolución do premio constará de cinco membros e estará presidido polo Presidente da SGAPEIO ou persoa na que delegue. A proposta do Consello Executivo, o Presidente da SGAPEIO nomeará a tres membros do xurado.

10. O xurado emitirá o fallo do premio e terá a facultade de interpretar as bases da convocatoria.

11. O fallo do xurado será inapelable e farase público xunto coa convocatoria da Asemblea Xeral da SGAPEIO do ano 2008.

12. O xurado poderá declarar deserto o premio. Tamén poderá otorgar o premio a máis dun proxecto, repartíndose a contía do mesmo entre os premiados.

13. Os gañadores do premio presentarán, no marco dos actos programados con motivo da celebración da devandita Asemblea Xeral, os traballos premiados. A exposición do premio levarase a cabo en galego

14. Os traballos premiados serán propiedade da SGAPEIO.

15. Os traballos non premiados poderán ser retirados polos seus autores no prazo de seis meses dende a publicación do fallo. De non facelo así, os traballos serán propiedade da SGAPEIO.

16. A participación neste premio supón a aceptación destas bases.

 

XURADO
Presidente: D. Antonio Vaamonde Liste
Presidente da SGAPEIO e profesor da Universidade de Vigo
Secretario: D. José Antonio Vilar Fernández  
Profesor da Universidade de A Coruña
Vocais: D. Pedro Faraldo Roca
Profesor da Universidade de Santiago de Compostela

D. Carlos Iglesias Patiño
Instituto Galego de Estatística e Profesor da Universidade de Santiago de Compostela

Dna. Mª José Lombardía Cortiña
Profesora da Universidade de Santiago de Compostela

 

 

 

 

 

 

 

 

TRABALLO GAÑADOR

O Xurado do I Premio IGE de Innovación Pedagóxica, organizado pola SGAPEIO e patrocinado pola IGE acordou, por unanimidade, declarar deserto o premio.

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates