image1 image1 image1

Asemblea Xeral da SGAPEIO 2016

O dia 11 de febreiro de 2017 terá lugar, no salón de graos da Facultade de Matemáticas, o Acto do 25 aniversario da Sociedade Galega para a promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Asemblea Xeral da SGAPEIO do ano 2016. No apartado "A SOCIEDADE-Actas e informes", atópase a Acta da Asemblea Xeral do 24/10/2015.

Antes de celebrarse a Asemblea impartirase unha conferencia e celebrarase unha mesa redonda ás que pode asistir calquera persoa interesada. So a Asemblea é restrinxida a socios e socias da SGAPEIO.

  


O programa da xornada é o seguinte:

 

- 10:30 - 11:15: Conferencia "O papel da estatística na era dos Big Data".

   Prof. Ricardo Cao Abad (Universidade da Coruña)

- 11:15 - 12:30: Mesa redonda: "Pasado e futuro da estatística en Galicia e na nosa contorna".

   Moderadora: Mª Esther López Vizcaíno (Instituto Galego de Estatística) - Actual presidenta da SGAPEIO

  • Ignacio García Jurado  (Universidade da Coruña) -  Presidente da SGAPEIO 1993-1997
  • Manuel Antonio Presedo Quindimil (Universidade da Coruña) - Presidente da SGAPEIO 1997-2001
  • José Antonio Vilar Fernández (Universidade da Coruña) - Secretario Xeral da SGAPEIO 2001-2005
  • Antonio Vaamonde Liste (Universidade da Vigo)  Presidente da SGAPEIO 2005-2009 e 2009-2013

 - 12:30 - 13:30:Asemblea Xeral da SGAPEIO.

- 14:00 - Comida de confraternidade

 Resumo da conferencia "O papel da estatística na era dos Big Data":

Nos albores da inferencia estatística, a finais do século XIX e comezos do XX, a obtención de datos era un proceso moi laborioso. Por ese motivo, a meirande parte dos métodos estatísticos propostos nesa época foron ideados para situacións nas que o número de datos era pequeno ou mesmo moi pequeno. Este paradigma mantívose ata actualidade, cobrando moita importancia as propiedades asintóticas dos procedementos da inferencia estatística, como xeito de probar o bo funcionamento dos métodos.

A irrupción dos Big Data obriga a repensar moitos dos paradigmas tradicionais da Estatística. Conceptos contrapostos como os do erro cadrático medio dun estimador fronte ao tempo de cálculo do mesmo ou a remostraxe fronte a submostraxe dan pé a reflexionar sobre o papel que ten e terá a Estatística nesta era de "Datificación" da nosa sociedade.

Nesta conferencia exporanse algúns exemplos cos que reflexionar sobre os posibles cambios metodolóxicos que se aveciñan facendo unha revisión crítica dos mesmos.  

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates