Oferta de emprego: Investigador Principal (Doutor) no eido da modelización matemática agraria e/ou ambiental

Responsabilidades:
Implementar modelos matemáticos como ferramenta clave para avanzar no coñecemento e a innovación dos campos mencionados.
Desenvolver programas de modelización axustados aos diferentes campos de investigación de NEIKER, con especial énfase na investigación e innovación agrícola e/ou ambiental.
Aplicar programas de modelo e software existentes para as necesidades específicas dos proxectos en curso en NEIKER.
Analizar as lagunas investigadoras en modelos agrarios e/ou ambientais.
Colaborar cos investigadores de NEIKER para mellorar a súa experiencia de modelización actual.
Desenvolver e participar en proxectos de investigación en NEIKER.
Supervisión de estudantes de posgrao (máster e doutoramento).
Habilidades técnicas:

  • Doutoramento con sólida experiencia en modelos agrícolas e/ou ambientais.
  • Comprensión comprobada de conceptos e aplicacións agrarios e/ou ambientais.
  • Polo menos cinco anos de experiencia posdoutoral nos eidos mencionados.
  • Moi bo dominio da lingua inglesa.
  • Experiencia en programación informática.

Competencias xerais:

  • Capacidade para comunicarse e traballar cos equipos de investigación.
  • Capacidade para traballar nun ambiente multidisciplinar.
  • Boa supervisión e habilidades docentes.
  • Dispostos a participar en reunións nacionais e internacionais.
  • Excelentes habilidades de escritura.

Condicións de emprego: Este é posto a tempo completo sito no País Vasco (España), inicialmente cunha duración de cinco (5) anos, suxeita a un período de proba de seis (6) meses, destinado a converterse nunha posición permanente unha vez o candidato demostre a súa idoneidade para o cargo.
Aplicacións: Anímase aos solicitantes que envíen unha carta de presentación a unha páxina que ilustre a súa idoneidade para o cargo, xunto cun curriculum vitae que inclúa nomes e enderezos de referencias que poidan avalar a cualificación profesional e a experiencia profesional dos candidatos. O prazo para a convocatoria remata o 20 de marzo de 2018.
Persoa de contacto: Carlos Garbisu (Xefe do Departamento de Conservación de Recursos Naturais): Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates