1.- IV Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística
A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) organizan a IV Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística. Esta xornada está dirixida a profesores de ESO e Bacharelato e vaise impartir nunha única edición en Santiago de Compostela.
Esta actividade, que conta coa homologación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, inclúe exposición de experiencias, obradoiros, e unha conferencia.
- Lugar: Facultade de Matemáticas, Santiago de Compostela.
- Data: 25 de novembro de 2017.
- Horario: 10:00 - 14:00 e 16:00 - 20:00.
En breve estará dispoñible o programa na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es

2.- Curso de Estatística con R para profesionais da saúde (V edición)
A Universidade de Vigo, en colaboración coa Fundación Biomédica do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, organiza a quinta edición do curso de formación “Estatística con R para profesionais da saúde”. O curso é totalmente non presencial para que os titulados do ámbito biosanitario (ou estudantes universitarios de último curso) poidan seguilo en horario libre e dende calquera lugar de modo compatible coa súa actividade.
- Importe da matrícula: ordinario 125 €, reducido 90 € (parados, alumnado e profesorado da UVigo, Socios da SGAPEIO, membros da Fundación Biomédica de Vigo).
- Período de matrícula: do 3 ao 28 de outubro de 2017.
- Período de docencia: do 1 de novembro ao 15 de decembro de 2017.
O curso é eminentemente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual mediante secuenciación das unidades didácticas a través de Faitic, a plataforma de tele docencia da Universidade de Vigo. Non é necesario ter un nivel avanzado de Estatística ou coñecer previamente o programa R.
Este curso está recoñecido polo Sistema Acreditador da Formación Continuada das Profesións Sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia coa asignación de 5,1 créditos para todos os profesionais sanitarios titulados.
Máis información: https://bubela.uvigo.es/curso/3088

3.- XXX Congreso de ENCIGA
O XXX Congreso de ENCIGA terá lugar os días 16, 17 e 18 de novembro de 2017 no IES DE aLLARIZ.
Datas importantes:
- Data límite para a inscrición: 10 de novembro de 2017.
- Data límite para envío de resumos: 20 de outubro de 2017.
- Data límite para envío de traballos completos: 27 de outubro de 2017.
Máis información: http://www.enciga.org/?q=Ultimas_novas_XXX_congreso

4.- IV Iberian Modelling Week
Está aberto o prazo de inscrición para o IV Iberian Modelling Week (IV IMW), que se celebrará do 16 ao 20 de outubro de 2017 en Vigo. O prazo de inscrición finaliza o día 6 de outubro.
A IV Iberian Modelling Week (IV IMW), organizada conxuntamente polo grupo de investigación Statistical Inference, Decision and Operation Research (SiDOR) da Universidade de Vigo, o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) e a Rede Española Matemática - Industria (math-in) en colaboración coa Rede Portuguesa de Matemática para a Industria e a Innovación (PT-MATHS-IN), terá lugar do 16 ao 20 de outubro de 2017 no Edificio Miralles da Universidade de Vigo (Vigo, España).
Este evento, dirixido a estudantes de másteres de matemáticas, reúne a alumnos e supervisores académicos para traballar en equipo en proxectos industriais, definidos previamente, durante unha semana. Esta iniciativa pretende proporcionar aos estudantes a oportunidade de traballar en problemas industriais reais, e así descubrir como as matemáticas contribúen á solución das demandas industriais que existen na actualidade. Nesta edición os problemas que se analizarán son os seguintes:
P1. Clasificación de placas de lousa mediante técnicas de visión artificial e machine learning.
P2. Modelos predictivos do churn (taxa de abandono dos clientes) no sector Teleco.
P3. Modelización e simulación numérica de fluxos en paisaxes urbanas.
A asistencia é gratuíta, previo rexistro en http://math-in.net/4imw/inscripcion

5.- Seventh annual Survival Analysis for Junior Researchers conference
Abstract submission has now opened for the seventh annual Survival Analysis for Junior Researchers conference. The conference will be hosted in Leiden, the Netherlands, on 24-26 April, 2018. It is a three-day event that is aimed at career-young statisticians with an interest in the application and development of time-to-event analysis and related topics. The conference provides a unique opportunity for participants to present and discuss their work with peers at a similar stage in their careers in a relaxed and friendly environment. The event includes a tutorial on multi-state models by Prof. dr. Hein Putter (Leiden University Medical Center), talks from keynote speakers Dr. Maja Pohar Perme (University of Ljubljana) and Dr. Birgit Witte (VU University Medical Center, Amsterdam), as well as poster sessions, a welcome reception and a conference dinner!
Abstract Submission deathline: December 10th, 2017.
Please visit the conference website (www.safjr2018.com) for further details on the conference and for abstract submission.

6.- Contrato predoutoral no grupo MODESTYA
O grupo de investigación Modelos de optimización, decisión, estatística e aplicacións, MODESTYA, oferta dentro da convocatoria de Axudas para contratos predoctorales para a formación de doutores 2017 (Ministerio de Economía e Competitividade) un contrato predoctoral cunha duración de 4 anos.
O obxectivo do contrato é desenvolver unha tese doutoral dentro das liñas de investigación do proxecto: MODELIZACIÓN NON PARAMÉTRICA DE DINÁMICAS E DEPENDENCIAS EN SISTEMAS COMPLEXOS (Innpar2D) (MTM2016-76969-P) financiado dentro do Programa Nacional de Matemáticas, cuxos investigadores principais son Wenceslao González Manteiga e Rosa Mª Crujeiras Casais.
Solicitudes:
O prazo de presentación das solicitudes será do 3 de outubro ao 18 de outubro de 2017 ás 15:00 horas (hora peninsular española). As solicitudes realizaranse de forma telemática a través da páxina Web do Ministerio.
Máis información: http://eio.usc.es/index.php/es/noticias/7-noticias-del-departamento/212-2017-09-29-08-37-56

7.- Oferta de traballo como analista de datos
O Hospital Povisa busca un Estudante ou Grado en Matemáticas para o departamento de sistemas de información como analista de datos.
Máis información: http://www.usc.es/gl/centros/matematicas/modules/jobs/job_0112.html

8.- Contrato predoutoral CINBIO
O Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) ofrece un posto a tempo completo para un/unha estudante predoutoral. Liña de investigación: Xenómica do cancro.
Posto: Análise bioinformático de dados NGS. Predoutoral.
Requisitos:
- Grao en Bioinformática, Xenómica, Bioloxía, Biotecnoloxía, Informática, Estatística ou campos relacionados. Mestrado en Bioinformática, Xenómica, Bioloxía, Biotecnoloxía, Informática, Estatística ou outras disciplinas científicas relacionadas.
- Experiencia na análise computacional de dados NGS (Next‐Generation Sequencing).
- Experiencia en programación de tuberías bioinformáticas en Perl, Python, R ou similar.

Habilidades:
- Coñecementos de xenómica tumoral.
- Coñecementos de bioloxía evolutiva.
- Coñecementos de estatística.
- Habilidades de comunicación para traballar nun grupo diverso.
O/A candidato/a debe estar altamente motivado/a, ser un/unha traballador/a independente coa intención de avanzar na súa tese.
Presentación de solicitudes: ata o 15 de outubro de 2017 ás 16:00 horas.
Máis información: http://cinbio.es/gl/cinbio-25-analise-bioinformatico-de-dados-ngs-predoutoral/

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates