![]() |
Luisa Carpente Rodríguez |
![]() |
Mª José Lombardía Cortiña |
|
15
Maio 2013 III Fase Nacional da IncubadoraA Sociedad de Estadística e Investigación Operativa (SEIO) convoca a III Fase Nacional dos concursos tipo "Incubadora de Sondeos y Experimentos", que está organizada pola SGAPEIO e terá lugar en Santiago de Compostela os días 3 e 4 de xullo de 2013.
15
Maio 2013 Billete conmemorativo do Ano Internacional da Estatística
Con motivo do Ano Internacional da Estatística, e a fin de concienciar á sociedade da importancia da Estatística e da súa omnipresencia en tódolos aspectos do coñecemento, a Sociedad de Estadística e Investigación Operativa (SEIO) chegou a un acordo coa Sociedad Estatal Loterías (Selae) para emitir un billete de Lotería Nacional conmemorativo deste evento. O sorteo terá lugar o día 25 de maio de 2013.
18
Decembro 2012 XI Congreso SGAPEIO (A Coruña, 2013)
XI Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións. - Lugar: Fundación Barrié, A Coruña. - Datas: do 24 ao 26 de outubro de 2013. - Organizado por: Departamento de Matemáticas da Universidade da Coruña.
20
Decembro 2012 I Encontro Luso-Galaico de BiometríaA Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) e a Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) organizan conxuntamente o I Encontro Portugués de Biometría e o I Encontro Luso-Galaico de Biometría, que se celebrarán do 14 ao 16 de xullo de 2013 na Escola de Ciências da Universidade do Minho en Braga. Estes encontros están dirixidos a profesionais e usuarios da estatística, académicos, investigadores e estudantes. Mais información: Biometría2013
16
Febreiro 2011 Divestadística: portal de divulgación estatísticaComeza a súa andadura Divestadística, un proxecto de divulgación científica da Escuela Andaluza de Salud Pública que ten por obxectivo difundir o coñecemento estatístico de forma comprensible para toda a poboación, incluíndo aos profesionais doutras áreas de coñecemento científico non especialistas en Estatística. As seccións do portal actualízanse trimestralmente con contidos multimedia, artigos, vídeos, laboratorio, dicionario, imaxes e moitas utilidades máis. ¡Navega e divírtete! Web: Divestadística
16
Novembro 2010 Red Nacional de Bioestadística (BIOSTATNET)A Unidade de Bioestatística do Departamento de Estatística e Investigación Operativa da USC creou a rede temática BIOSTATNET (Red Nacional de Biostadística), co obxectivo de conectar os investigadores españois de Bioestatística, cun enfoque flexible, aberto, integrador e interdisciplinar. Páxina web: BIOSTATNET
29
Setembro 2010 Día Mundial da Estatística: 20 de outubro de 2010O mércores 20 de outubro de 2010 celebrouse na Facultade de Matemáticas o Día Mundial da Estatística, cunha interesante xornada organizada por SGAPEIO, na que participaron profesionais de distintos ámbitos. No apartado de Formación e Actividades desta web están dispoñibles en formato pdf as ponencias presentadas. |