ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Número 71 de INFORMEST
INFORMEST. Boletín da SGAPEIO. Novembro de 2025. Número 71
Colaboración
Software
Actividades da SGAPEIO
Novas do IGE
Traballos de Estatística e IO
Coñecéndonos
Estatística recreativa
Aberta a inscrición e envío de traballos para o XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións
O XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións celebrarase do 23 ao 25 de outubro de 2025 na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense (UVigo), organizado polo Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo e a SGAPEIO.
O prazo de inscrición e envío de traballos ábrese o 6 de xullo, con tres tipos de matrícula: súper reducida (ata o 12 de setembro), reducida (ata o 12 de outubro) e normal (a partir do 12 de outubro). As propostas de comunicación poderán presentarse ata o 12 de setembro a través da web do congreso.
A programación inclúe varias xornadas destacadas, como a II Xornada de Innovación Docente (en colaboración con AGAPEMA), a sesión Galicia–Portugal de Biometría e unha xornada sobre Estatística na Agricultura e o Medioambiente. A conferencia plenaria será impartida pola profesora e divulgadora Anabel Forte.
Tamén están convocados o premio á mellor comunicación de investigador/a novo/a (500 €) e o concurso de pósteres do Máster en Técnicas Estatísticas (MTE).
Máis información: http://xviicongreso.sgapeio.es, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións | Segunda circular
Estimados socios/as da SGAPEIO,
Como xa se anunciou na primeira circular, este ano 2025, do 23 ao 25 de outubro, celebrarase en Ourense o XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións, organizado polo departamento de Estatística e Investigación de Operacións da Universidade de Vigo en colaboración coa Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO). A sede do congreso será a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus Universitario de Ourense.
En esta ocasión temos o pracer de anunciar o comezo do período de inscrición ao congreso e de envío de traballos a partir do 6 de Xullo, para o que se establecen tres tipos de cotas:
- Súper reducida: Ata o 12 de setembro.
- Reducida: Ata o 12 de outubro.
- Normal: a partir do 12 de outubro.
O comité organizador convida a todos os colectivos vinculados coa Estatística e a I.O. a participar neste congreso presentando os seus resultados, aplicacións ou experiencias en calquera dos campos do coñecemento científico ou tecnolóxico, a través do formulario que aparece na web (http://xviicongreso.sgapeio.es/envio_de_comunicacions.html) ata o 12 de setembro.
A SGAPEIO volve a convocar o premio ás mellores comunicacións presentadas por investigadores novos (menores de 30 anos) cun premio de 500 €. Tamén o Máster Interuniversitario en Técnicas Estatísticas (MTE) das tres universidades galegas, co apoio da SGAPEIO, convoca o concurso Pósters MTE para póster de estatística e investigación operativa realizados por estudantes do devandito máster, onde o premio é a inscrición á Sgapeio así como a inscrición ao XVII Congreso da SGAPEIO.
Nesta edición a programación incluirá diferentes xornadas, entre elas:
- II Xornadas de Innovación Docente na Estatística e Investigación de Operacións. organizadas en colaboración con AGAPEMA. Estase a tramitar a homologación pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de la Xunta de Galicia, cun recoñecemento de 8 horas. As xornadas inclúen o sábado 25 de outubro pola mañá a conferencia plenaria de Anabel Forte Deltell, profesora da Universidade de Valencia e divulgadora de recoñecido prestixio (https://anabelforte.com/) .
- Sesión Biometría Galicia – Portugal, que se organiza conxuntamente coa Sociedade Portuguesa de Estatística.
- Xornada de Aplicación da Estatística e Investigación de Operacións na Agricultura e o Medioambiente.
Pódese consultar mais información sobre o congreso (programa científico, inscrición, presentación de traballos, datas límite etc.) na web http://xviicongreso.sgapeio.es/, ou contactando a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Confiamos que sexa do voso interese polo que agradecémoslles a máxima difusión posible.
Agardamos a vosa participación.
En Ourense, o Comité Organizador do XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.
XV Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos

A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), convocou o XV Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.


