ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Xornada de formación SGAPEIO-AGAPEMA 2023
A Sociedade Galega para a Promocion da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) organizan a XI XORNADA DE FORMACIÓN PARA ELABORAR PROXECTOS DE ESTATÍSTICA. Esta xornada está dirixida a profesorado de materias STEM de educación secundaria en centros públicos e concertados. Impartirase nunha única edición presencial na Facultade de Matemáticas da USC
LUGAR E DATA:
Lugar: Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
Data de celebración: 2 de decembro de 2023 en horrio de 10:00 a 20:00
INSCRICIÓN:
A xornada é de balde pero é preciso inscribirse neste formulario.
Período de inscrición: aberto ata o 30 de novembro de 2023.
Xornada homologada pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Recoñecemento 8h.
PROGRAMA:
10:00 - 10:15 |
Inauguración. |
10:15 - 11:30 |
Charla-taller: A calculadora e geogebra como recursos na ensinanza e aprendizaxe da estatística. Cristina Naya Riveiro. Docente da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. |
11:30 - 12:00 |
Café. |
12:00 - 13:30 |
Experiencias premiadas no concurso galego Incubadora de Sondaxes 2023 nas categorías B (3º e 4º ESO e FPB) e A (1º e 2º ESO):
|
13:30 - 14:00 |
Novedades do concurso Incubadora de Sondaxes 2024. |
16:00 - 16:45 |
Experiencia gañadora nos concursos galego e nacional Incubadora de Sondaxes 2023 na categoría A (1º e 2º ESO): Ana María Rodríguez Sánchez. IES de Cacheiras. |
16:45 - 17:45 |
Conferencia plenaria: A formación do profesorado: as competencias profesionais docentes. Emilio J. Veiga Río. Director do CFR de A Coruña. |
17:45-18:00 |
Descanso. |
18:00 - 19:45 |
Coloquio con alumnado que ten participado en proxectos estatísticos e no concurso Incubadora de Sondaxe: Paga a pena?. Coordina Olga Simón Cruz. IES de Cacheiras. |
19:45-20:00 |
Clausura. |