ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas da SGAPEIO, 15 de decembro de 2024
1.- Libro da XIV Incubadora de Sondaxes e Experimentos
A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) publicou o libro que recolle os traballos gañadores, finalistas e as mencións especiais da XIV Incubadora de Sondaxes e Experimentos.
Máis información: https://www.sgapeio.es/index.php/formacion-e-actividades/2-uncategorised/3641-libro-xiv-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos
2.- Publicación do Número 68 de INFORMEST
A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) publicou o número 68 do seu boletín INFORMEST. Este número inclúe artigos sobre as últimas actividades da Sociedade e moi interesantes e diversas colaboracións en todas as áreas e ámbitos que abarca a mesma.
Máis información: https://sgapeio.es/INFORMEST/Informest68.pdf
3.- Xornada coa SGAPEIO-AGAPEMA
A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) veñen de organizar a XII Xornada de Formación para Elaborar Proxectos de Estatística. Esta xornada estivo dirixida a profesorado de materias STEM de educación secundaria en centros públicos e concertados, contando con moi diversos poñentes nas áreas da estatística, intelixencia artificial, as PAU ou Incubadora, entre outras, rexistrándose máis de 90 inscricións.
Máis información https://agapema.org/2024/10/19/xornada-de-formacion-sgapeio-agapema-2024/
4.- XLI Congreso Nacional de Estatística e Investigación Operativa (SEIO 2025)
O congreso celebrarase en Lleida do 10 ao 13 de xuño de 2025, reunindo expertos en estatística e investigación operativa para compartir avances e experiencias.
Máis información: https://seio2025.com/es/
5.- 65th ISI World Statistics Congress 2025
O congreso terá lugar en The Hague, Países Baixos, do 5 ao 9 de outubro de 2025, reunindo estatísticos e científicos de datos de todo o mundo.
Máis información: https://www.isi-next.org/conferences/isi-wsc2025/
6.- Games and Decisions in Risk and Reliability 8 (GDRR 8)
O 8º Simposio sobre Xogos e Decisións en Fiabilidade e Risco terá lugar en Milán do 28 ao 30 de maio de 2025, organizado pola Universidade Bocconi. O obxectivo é presentar novos usos da teoría de xogos e decisións na análise de fiabilidade e risco.
Máis información: https://dec.unibocconi.eu/8GDRR
7.- Conferencias Divulgativas “Estadística, Ciencia de Datos e Inteligencia Artificial”
A Universidade Complutense de Madrid organiza un ciclo de conferencias divulgativas ao longo do curso 2024-2025, abordando aplicacións da estatística, ciencia de datos e intelixencia artificial.
Máis información:https://estudiosestadisticos.ucm.es/seminarios-conferencias
8.- 5th Spanish Young Statisticians and Operational Researchers Meeting (5SYSORM)
O Instituto de Matemáticas da Universidade de Sevilla organiza o 5º Spanish Young Statisticians and Operational Researchers Meeting do 15 ao 17 de abril de 2025.
Máis información: https://www.imus.us.es/congresos/5SYSORM/
9.- ROC2025 - Workshop on ROC Analysis and Related Topics
O grupo de investigación SiDOR e o Departamento de Estatística e Investigación de Operacións da Universidade de Vigo organizan este obradoiro en Vigo os días 23 e 24 de xaneiro de 2025.
Máis información: https://roc2025.webs.uvigo.gal/
10.- MadeAI2025: Modelling, Data Analytics and AI in Engineering
A 2ª Conferencia Internacional sobre Modelización, Análise de Datos e IA en Enxeñería terá lugar en Porto do 7 ao 11 de xullo de 2025.
Máis información: https://madeai-eng.org/
11.- Premios Fundación BBVA a la Conservación de la Biodiversidad
O seu obxectivo é recoñecer públicamente o labor das organizacións conservacionistas, as institucións e os organismos que desenrolan políticas ou funcións de conservación medioambiental, así como a dos profesionais da comunicación que contribúen a protexer o patrimonio natural.
Máis información: https://www.biophilia-fbbva.es/premios/xx-premios-conservacion-biodiversidad/
12.- Premios de Investigación Matemática Vicent Caselles
A Real Sociedade Matemática Española e a Fundación BBVA convocan os Premios de Investigación Matemática Vicent Caselles para recoñecer a excelencia de novos investigadores en matemáticas.
Máis información: https://www.rsme.es/premios/premios-vicent-caselles-rsme-fbbva/
13.- Contrato Post-Doutoral en Análise Económica da Industria Verde
A Universidade de La Laguna ofrece un contrato post-doutoral para a incorporación ao proxecto “Análise económica da industria verde baseada na xestión intelixente e sostible dos residuos orgánicos (i-rVerde)”. Este proxecto está financiado polo programa «Talentum Investigación Aplicada ULL Antonio González» do Cabildo de Tenerife.
Máis información: https://sede.ull.es/ecivilis-site/bulletinBoard/showBulletin/44241:1
14.- Convocatoria de Bolsa de Emprego na Universidade de Oviedo
A Universidade de Oviedo abriu unha convocatoria de bolsa de emprego no área de Estatística e Investigación Operativa. Esta bolsa está destinada ao persoal docente e investigador temporal.
Máis información: https://sede.asturias.es/bopa/2024/11/28/2024-10345.pdf
15.- Convocatoria das Axudas Beatriz Galindo 2023
O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades publicou unha nova convocatoria das axudas Beatriz Galindo para a atracción de talento investigador. Estas axudas están destinadas á contratación de investigadores con experiencia no estranxeiro por parte das universidades públicas españolas.
Máis información: https://www.ciencia.gob.es/Convocatorias/2023/BeatrizGalindo2023.html
16.- Convocatorias para contratos de investigación da Agencia Estatal de Investigación
A continuación se enumeran o extracto coas resolucións para a próxima convocatoria dos contratos Ramón e Cajal, Juan de la Cierva, Torres Quevedo e Doutoramentos Industriais da Agencia Estatal de Investigación.
Extracto de la Resolución de 4 de diciembre de 2024 de la Presidencia de la Agencia Estatal de Investigación, por la que se aprueba la convocatoria 2024 de las ayudas Ramón y Cajal (BOE nº 236 do 06/12/2024)
Extracto de la Resolución de 4 de diciembre de 2024 de la Presidencia de la Agencia Estatal de Investigación, por la que se aprueba la convocatoria 2024 de las ayudas Juan de la Cierva (BOE nº 236 do 06/12/2024)
Extracto de la Resolución de 4 de diciembre de 2024 de la Presidencia de la Agencia Estatal de Investigación, por la que se aprueba la convocatoria 2024 de las ayudas Torres Quevedo (BOE nº 236 do 06/12/2024)


