Que é a sociedade?

Que é a Sociedade?

A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) é unha organización autónoma que ten como obxectivo principal a promoción e divulgación dos métodos e aplicacións da Estatística e da Investigación de Operacións no ámbito galego. Con esta finalidade, a Sociedade organiza Congresos Ordinarios e outras Reunións Científicas, edita boletíns de información, potencia intercambios nacionais e internacionais, fomenta a relación entre as Universidades galegas e os sectores público e privado, estimula a investigación e difúndea a través de Series Monográficas e, en xeral, pon a Estatística e a Investigación de Operacións ó servicio da Ciencia e da Sociedade.

Quen somos?

Na actualidade somos preto de duascentas persoas que traballamos no eido da Estatística e da Investigación de Operacións. Ademais, a Sociedade conta con 7 socios institucionais. Entre os socios e socias individuais, a porcentaxe de mulleres supera lixeiramente á de homes (53% vs 47%) e as profesións máis frecuentes son profesor de universidade (40%) e profesor de ensino medio (27%); os estudantes supoñen o 10% dos asociados/as. En canto á provincia, o 57% dos socios/as son da coruña e o 24% de Lugo.

Que facemos?

Dende a súa fundación no ano 1992, a SGAPEIO ven organizando congresos bianuais nos que participan distintos profesionais da estatística, o primeiro dos cales celebrouse na cidade da Coruña no ano 1993. Nestes congresos presentáronse traballos sobre a investigación en estatística, o ensino medio, aplicacións en distintos campos como a bioestatística ou a estatística oficial. Para garantizar o interese científico das nosas reunións, todos os traballos presentados son evaluados por un comité científico. As personas interesadas poden atopar información detallada sobre os últimos congresos da SGAPEIO na nosa páxina web.

A SGAPEIO tamén edita o boletín INFORMEST, que pretende ser unha ferramenta de comunicación entre os socios, con posibilidade de participar mediante colaboracións, e con seccións fixas que informan das novas do IGE ou de eventos relacionados coa Sociedade. 

Presidentes da SGAPEIO

1993-1997: Ignacio García Jurado
1997-2001: Manuel Presedo Quindimil
2001-2005: Carmen Mª Cadarso Suárez
2005-2009: Antonio Vaamonde Liste
2009-2013: Antonio Vaamonde Liste
2013-2017: Mª Esther López Vizcaíno

2024  SGAPEIO   globbers joomla templates