ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
II Xornadas de usuarios de R en castelán
Os días 1 e 2 de decembro de 2010 celebraranse na Escuela Politécnica de Mieres (Universidad de Oviedo) as II Xornadas de usuarios de R en castelán, cos seguintes obxectivos:
- Promocionar o uso de R como instrumento científico e/ou docente
- Mostrar a necesidade de conectarse con redes de traballo en R
- Coñecer novos materiais (textos ou librarías) en castelán
- Abrir colaboracións entre diferentes grupos de traballo e diferentes disciplinas
Datas de interese
- Presentación de resumes: 12 de novembro de 2010
- Aceptación de resumes: 19 de novembro de 2010
- Envío de comunicacións: 26 de novembro de 2010
Máis información en: http://epm.uniovi.es/actividades