Segunda edición da Escola Internacional de Verán de análise bayesiano (VIBASS2)

16 de Xullo de 2018 – 20 de Xullo de 2018
Valencia, España
Descripción: VIBASS2 é unha escola de verán de 5 días que ofrece a oportunidade de introducirse no razoamento bayesiano sen coñecementos previos sobre o tema. Os primeiros dous días (12 horas) comprenderán unha introdución á aprendizaxe bayesiana, con sesións conceptuais e prácticas con paquetes R pola tarde. Os seguintes 2 días centraranse nun tema específico. Esta edición está dedicada á modelización bayesiana con BayesX. Este curso (12 horas) será impartido por Nadja Klein (Universidade de Melbourne, Australia) e Nikolaus Umlauf (Universität Innsbruck, Austria). Finalmente, o último día dedicarase ao II Taller VIBASS. Teremos dúas sesións plenarias con conferenciantes convidados: Paloma Botella (Consellería de Sanidade Universal e Salut Pública, Valencia) e Luigi Spezia (Biomathematics and Statistics Scotland, BioSS). Anímase aos asistentes a presentar pósteres do seu traballo. VIBASS2 está organizado polo grupo de investigación VABAR (Universidade de Valencia) e apoiado pola Universidade de Valencia e Biomathematics and Statistics Scotland, BIOSS. 
Taxas de matrícula:

  • Estudante 250 €.
  • Academia 350 €.
  • Industria 500 €.

Inscripción: http://vabar.es/events/vibass2/
Localización: Facultade de Matemáticas, Universitat de València, Burjassot (Valencia), España.
Sitio web:http://vabar.es

2019  SGAPEIO   globbers joomla templates