139 European Study Group with Industry

Descrición: Do 9 ao 13 xullo de 2018, celebrarase en Santiago o 139 European Study Group with Industry, grazas á colaboración entre a Red Española de Matemática-Industria (math-in) e o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI). Iniciado en Oxford en 1968, os European Study Group with Industry (ESGI) tentan proporcionar un foro para que academia e industria traballen conxuntamente na resolución de problemas matemáticos de interese para a industria. 
Obxectivos:

  • Atopar solucións e ideas sobre problemas industriais existentes.
  • Estabelecer relacións de traballo duradeiras e produtivas entre os matemáticos de investigación aplicada e da industria.
  • Propoñer novas liñas de investigación baseadas nos desafíos comerciais.
  • Fortalecer a importancia das Matemáticas na industria e os perfís matemáticos nas empresas.
  • Fomentar unha maior concienciación da comunidade sobre o poder das matemáticas na subministración de formas de resolver os problemas do mundo real.

Sitio web:http://www.math-in.net

2019  SGAPEIO   globbers joomla templates