ÚLTIMAS NOVAS
- XLIX Coloquio Argentino de Estadística (CAE) e VII Jornada de Educación en Estadística “Martha Aliaga” (JEE)
- Número 61 de INFORMEST
- Ingrid Van Keilegom doutora Honoris Causa da Universidade da Coruña
- 7 ofertas de traballo na Universidade de Glasgow
- 6 postos de postdoutoramento na Unidade de Investigación do iMAT, dentro do "Qualifica Excellence Program"
Acceso socios
139 European Study Group with Industry
O 139 ESGI - European Study Group with Industry-, organizado de forma conxunta entre o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) e a Rede Española Matemática - Industria (math- in), terá lugar do 9 ao 13 de Xullo en Santiago de Compostela.
Os ESGI constitúen un foro para traballar de maneira conxunta científicos industriais e investigadores matemáticos sobre problemas de interese para a industria. O 139 ESGI, que reunirá a especialistas das ramas de Matemática Aplicada e Estatística e Investigación Operativa, ten como obxectivo o fomento da transferencia Matemática cara á Industria buscando activamente proxectos de investigación e desenvolvemento onde a Matemática teña unha especial relevancia.
Estes son os problemas expostos ata o momento:
- Solidificación e axuste mecánico en propagación de microfracturas- REPSOL
- Mellora da eficiencia dun forno de retorta- ECOMT
Toda a información relativa ao evento actualizarase continuamente na páxina web do mesmo: http://www.math-in.net/139 esgi/
A asistencia é gratuíta, pero é necesario rexistrarse previamente. A data límite de inscrición será o 5 de Xullo de 2018.
A Acción COST TD1409, Mathematics for Industry Network (MI-NET) co-organiza e cofinancia este evento.