Curso MATEMÁTICAS VS COVID-19 na UIMP

Modalidade: Streaming aberto en UIMP-TV (uimptv.es)
Matrícula: con Tarifa G se se desexa obter diploma de asistencia.
Descrición: Neste seminario presentaranse, a través de oito conferencias e unha mesa redonda, algunhas ferramentas matemáticas e estatísticas que mostraron a súa utilidade na comprensión da pandemia do COVID-19 e na loita contra a mesma. Falarase de modelos epidemiolóxicos, dos parámetros que se utilizan na súa formulación, dos datos necesarios para poder alimentalos e da utilidade de cada un deles. A partir dos resultados de diversos modelos, mostrarase como realizar unha Predición Cooperativa para tentar predicir con máis acerto a evolución das series de datos asociadas á pandemia. Por outra banda, en toda crise sanitaria xorden multitude de problemas asociados á xestión de recursos escasos, a necesidade de optimizar tempos e custos e, sobre todo, de minimizar a perda de vidas humanas. A investigación operativa é unha disciplina matemática de gran axuda nesa tarefa, que estará presente no curso. Tamén se ilustrará como as técnicas de Intelixencia Artificial poden ser extremadamente útiles na loita contra a pandemia.
Destinatarios: O curso está destinado a estudantes dos últimos cursos de grao, de máster e de doutoramento do ámbito de matemáticas e estatística, así como de disciplinas afíns.
Tamén se dirixe a todos os investigadores e profesionais interesados en aprender por que as matemáticas están a revelarse tan útiles na comprensión e na xestión dunha pandemia.
Máis informaciónhttp://www.uimp.es

 

2020  SGAPEIO   globbers joomla templates