ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Curso de introducción a python
Desde o IMAT (Instituto de Matemáticas) da Universidade de Santiago de Compostela está a organizarse un Curso de introdución a python, animados pola boa acollida deste curso en 2020 así como a demanda dunha nova edición desde diversos sectores da facultade de matemáticas. A continuación, concrétanse os datos do curso:
Curso de introducción a python
Brais González Rodríguez
Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización
Contidos: Introdución a python, condicionais e control de fluxo, funcións en python, escritura e lectura de arquivos, programación orientada a obxectos, módulos e paquetes (math, numpy, pandas e plotly).
Inscrición gratuita, desde o xoves 18 de febreiro ás 11:00h. ata o martes 2 de marzo ás 14:00h., na web do IMAT: http://www.usc.es/imat ou neste ligazón.
- Datas: Do 10/03/2021 ao 28/04/2021 os mércores.
- Lugar: Aula 6, Facultade de Matemáticas, USC.
- Duración: 20 horas.
- Hora: 09:00 a 12:00 o 10, 17, 24 de marzo, 7, 14, 21 de abril. 10:00 a 12:00 o 28 de abril.
- Nº de prazas: 20 (adxudicaranse por orde de inscrición).
A destacar que aínda que inicialmente o curso vai ser impartido de maneira presencial, se as circunstancias sanitarias así o recomendasen pasaría a impartirse desde a plataforma MS TEAMS.