ÚLTIMAS NOVAS
- XLIX Coloquio Argentino de Estadística (CAE) e VII Jornada de Educación en Estadística “Martha Aliaga” (JEE)
- Número 61 de INFORMEST
- Ingrid Van Keilegom doutora Honoris Causa da Universidade da Coruña
- 7 ofertas de traballo na Universidade de Glasgow
- 6 postos de postdoutoramento na Unidade de Investigación do iMAT, dentro do "Qualifica Excellence Program"
Acceso socios
Curso de Aprendizaxe Bayesiana e Aplicacións para as Ciencias Sociais da BSE
A Business School of Economics of Barcelona (BSE) organizará, entre o 3 e o 6 de maio, un curso, impartido tanto en liña como no campus, sobre Aprendizaxe Bayesiano e Aplicacións para as Ciencias Sociais.
Se es un investigador ou un estudante de doutorado/Msc que traballa en Estatística, Economía ou Ciencias Sociais, con este curso aprenderás a analizar datos grandes e complexos con métodos estatísticos modernos, bayesianos e de aprendizaxe automática.
O curso céntrase en problemas nos que se desexa obter unha inferencia estatisticamente válida sobre parámetros, hipóteses ou predicións probabilísticas, en lugar de predicións puramente puntuais. Discutimos a metodoloxía bayesiana como un marco natural de aprendizaxe automática probabilístico para tales tarefas, e a súa interacción cos métodos complementarios de verosimilitude penalizada e inferencia conformada.
Aprendizaxe Bayesiano e Aplicacións para as Ciencias Sociais é un curso rigoroso que combina conferencias con sesións prácticas de forma exhaustiva e está especialmente dirixido a estudantes de Mestrado e Doutoramento que traballen en Estatística, Economía ou Ciencias Sociais. Está dirixido polo profesor David Rossell, director do Mestrado en Metodoloxía da Ciencia de Datos da BSE e do Centro de Ciencia de Datos da BSE.
Profesores: Lorenzo Cappello, Stephen Hansen, David Rossell.
Máis información: http://bgse.eu/DScourse.