Tras o éxito da primeira edición, a Sección de Biometría da SPE (SBio-SPE) e a Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) teñen o pracer de anunciar o II Simposio Online en Biometría Galaico-Portuguesa.
O evento terá lugar (en formato online) o día 6 de marzo (venres), das 15:30 ás 17:30 (hora de Galicia; 14:30–16:30 hora de Portugal), e contará coas presentacións de:
- Vera Pinto, Faculdade de Ciências da Universidade de Lisboa
- María Alonso Pena, Universidade de Santiago de Compostela
- Tiago Paixão, Gulbenkian Institute for Molecular Medicine
- Javier Roca Pardiñas, Universidade de Vigo
A participación é gratuita, pero cómpre realizar a inscrición obrigatoria a través do seguinte formulario (Google Forms): https://forms.gle/vnwbSHjNS9qSdKMcA.
Os títulos e resumos das presentacións xa están dispoñibles na páxina do evento no sitio web da SBio-SPE.

