Aberta a inscrición e envío de traballos para o XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións

O XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións celebrarase do 23 ao 25 de outubro de 2025 na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense (UVigo), organizado polo Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo e a SGAPEIO.

O prazo de inscrición e envío de traballos ábrese o 6 de xullo, con tres tipos de matrícula: súper reducida (ata o 12 de setembro), reducida (ata o 12 de outubro) e normal (a partir do 12 de outubro). As propostas de comunicación poderán presentarse ata o 12 de setembro a través da web do congreso.

A programación inclúe varias xornadas destacadas, como a II Xornada de Innovación Docente (en colaboración con AGAPEMA), a sesión Galicia–Portugal de Biometría e unha xornada sobre Estatística na Agricultura e o Medioambiente. A conferencia plenaria será impartida pola profesora e divulgadora Anabel Forte.

Tamén están convocados o premio á mellor comunicación de investigador/a novo/a (500 €) e o concurso de pósteres do Máster en Técnicas Estatísticas (MTE).

Máis información: http://xviicongreso.sgapeio.es, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

2026  SGAPEIO   globbers joomla templates