ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Xornada sobre Big Data e Estatística
A SGAPEIO ten o pracer de anunciar a Xornada sobre Big Data e Estatística, que terá lugar na facultade de Informática da Universidade da Coruña, o 19 de xuño de 2015.
Esta xornada está organizada pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), o grupo de investigación Modelización, Optimización e Inferencia Estatística (MODES) da Universidade da Coruña (UDC) e a Rede de Tecnoloxías Cloud e Big Data para HPC.
A realización conxunta deste encontro ven reforzar e solidificar as colaboracións xa existentes entre a SGAPEIO e os distintos grupos de investigación das universidades galegas, para a promoción e divulgación da Estatística e da Investigación Operativa. A extensión destes obxectivos a toda a comunidade científica e o mundo empresarial fará que a xornada sexa máis frutífera.
A xornada inclúe un programa de sesións plenarias e un minicurso.
A inscripción na xornada é gratuíta, pero aínda así é necesario inscribirse, a data límite é o 7 de xuño de 2015.
Sesións Plenarias:
- Amparo Alonso Betanzos, Universidade da Coruña.
- Ery Arias Castro, University of California, San Diego.
- Carme Artigas Brugal, Synergic Partners, Barcelona.
- Daniel Peña Sánchez de Rivera, Universidad Carlos III de Madrid.
Obradoiro de Big Data: Análise estatístico de redes con R
- Pedro Galeano San Miguel, Universidad Carlos III de Madrid.
Máis información: http://bigdata.sgapeio.es/