ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
II Encontro Galaico-Portugués de Biometría (BIOAPP2016)
O II Encontro Galaico-Portugués de Biometría (BIOAPP2016), con aplicación ás Ciencias da Saúde, á Ecoloxía e ás Ciencias do Medio Ambiente, terá lugar os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo de 2016 na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
Este encontro temático está organizado pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) e pola Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) como continuación de dous encontros previos organizados polas dúas sociedades: o I Encontro Luso-Galaico de Biometría, que se celebrou en Braga (Portugal) do 14 ao 16 de xullo de 2013, e o I Encontro Luso-Galaico de Estatística no Medio Ambiente e na Ecoloxía (EES2014), que se celebrou en Vila Real (Portugal) do 6 ao 8 de novembro de 2014.
O programa do encontro inclúe 4 sesións plenarias, 4 sesións invitadas, unha mesa redonda, e sesións de comunicacións orais e posters, ademáis de un minicurso sobre análise de supervivencia.
Datas importantes:
- Data límite de envío de resumos: 31 de marzo de 2016.
- Notificación da decisión: 20 de abril de 2016.
- Data límite de inscrición a prezo reducido: 30 de abril de 2016.
Máis información: BIOAPP2016