ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Asemblea Xeral da SGAPEIO 2016
O dia 11 de febreiro de 2017 terá lugar, no salón de graos da Facultade de Matemáticas, o Acto do 25 aniversario da Sociedade Galega para a promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Asemblea Xeral da SGAPEIO do ano 2016. No apartado "A SOCIEDADE-Actas e informes", atópase a Acta da Asemblea Xeral do 24/10/2015.
Antes de celebrarse a Asemblea impartirase unha conferencia e celebrarase unha mesa redonda ás que pode asistir calquera persoa interesada. So a Asemblea é restrinxida a socios e socias da SGAPEIO.
O programa da xornada é o seguinte:
- 10:30 - 11:15: Conferencia "O papel da estatística na era dos Big Data".
Prof. Ricardo Cao Abad (Universidade da Coruña)
- 11:15 - 12:30: Mesa redonda: "Pasado e futuro da estatística en Galicia e na nosa contorna".
Moderadora: Mª Esther López Vizcaíno (Instituto Galego de Estatística) - Actual presidenta da SGAPEIO
- Ignacio García Jurado (Universidade da Coruña) - Presidente da SGAPEIO 1993-1997
- Manuel Antonio Presedo Quindimil (Universidade da Coruña) - Presidente da SGAPEIO 1997-2001
- José Antonio Vilar Fernández (Universidade da Coruña) - Secretario Xeral da SGAPEIO 2001-2005
- Antonio Vaamonde Liste (Universidade da Vigo) - Presidente da SGAPEIO 2005-2009 e 2009-2013
- 12:30 - 13:30:Asemblea Xeral da SGAPEIO.
- 14:00 - Comida de confraternidade
Resumo da conferencia "O papel da estatística na era dos Big Data":
Nos albores da inferencia estatística, a finais do século XIX e comezos do XX, a obtención de datos era un proceso moi laborioso. Por ese motivo, a meirande parte dos métodos estatísticos propostos nesa época foron ideados para situacións nas que o número de datos era pequeno ou mesmo moi pequeno. Este paradigma mantívose ata actualidade, cobrando moita importancia as propiedades asintóticas dos procedementos da inferencia estatística, como xeito de probar o bo funcionamento dos métodos.
A irrupción dos Big Data obriga a repensar moitos dos paradigmas tradicionais da Estatística. Conceptos contrapostos como os do erro cadrático medio dun estimador fronte ao tempo de cálculo do mesmo ou a remostraxe fronte a submostraxe dan pé a reflexionar sobre o papel que ten e terá a Estatística nesta era de "Datificación" da nosa sociedade.
Nesta conferencia exporanse algúns exemplos cos que reflexionar sobre os posibles cambios metodolóxicos que se aveciñan facendo unha revisión crítica dos mesmos.