III Encontro Luso-Galaico de Biometría (EBio2018)

O III Encontro Galaico-Portugués de Biometría (EBio2018), terá lugar do 28 ao 30 de xuño de 2018 na Universidade de Aveiro. 

Este encontro temático está organizado Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) e pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) como continuación de tres encontros previos organizados polas dúas sociedades: o I Encontro Luso-Galaico de Biometría, que se celebrou en Braga (Portugal) do 14 ao 16 de xullo de 2013, e o I Encontro Luso-Galaico de Estatística no Medio Ambiente e na Ecoloxía (EES2014), que se celebrou en Vila Real (Portugal) do 6 ao 8 de novembro de 2014 e o II Encontro Galaico-Portugués de Biometría, con aplicación ás Ciencias da Saúde, á Ecoloxía e ás Ciencias do Medio Ambiente (BIOAPP), que se celebrou en Santiago de Compostela (España) do 30 de xuño ao 2 de xullo de 2016. 

O programa do encontro inclúe sesións plenarias, sesións invitadas, mesa redonda, e sesións de comunicacións orais e posters, ademáis de un minicurso.

Datas importantes:

- Data límite de envío de resumos: 8 de abril de 2018 (para que o resumo sexa incluído o libro de resumos).

- Notificación da decisión: 11 de maio de 2018.

- Data límite de inscrición a prezo reducido: 25 de mayo de 2018.

Máis información: EBio2018

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates