ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
2013: Ano Internacional da Estatística
O Ano Internacional da Estatística ("Statistics2013") foi unha celebración a nivel mundial e un recoñecemento ás múltiples contribucións da Estatística ao progreso da nosa sociedade. A través da coordinación de máis de 1.400 organizacións en todo o mundo, Statistics2013 pretendía divulgar a importancia da Estatística entre a comunidade científica, as empresas, a Administración Pública, os medios de comunicación, os traballadores, os estudantes e o público en xeral.
OBXECTIVOS:
- Aumentar a conciencia pública sobre o impacto da Estatística en tódolos aspectos da sociedade.
- Promocionar a Estatística como unha profesión, especialmente entre a xente nova.
- Promocionar a investigación, o desenvolvemento e a innovación da Probabilidade e da Estatística.
VÍDEO DE PRESENTACIÓN:
O vídeo de presentación do Ano Internacional da Estatística, elaborado polo Institulo SAS, reflicte como a estatística inflúe nas nosas vidas de diferentes xeitos.
ACTIVIDADES:
A SGAPEIO uniuse á celebración do Ano Internacional da Estatística organizando diversas ACTIVIDADES que tiveron lugar ao longo do ano 2013:
Febreiro | Acto de apertura do Ano Internacional da Estatística e Asemblea Xeral da SGAPEIO |
|
Lugar: Datas: Organiza: Programa: |
Xuño |
III concurso "Incubadora de Sondaxes e Experimentos" |
|
Datas: Organiza: Páxina web |
Xullo |
III Fase Nacional dos concursos tipo "Incubadora de Sondaxes e Experimentos" |
|
Lugar: Datas: Organiza: Páxina web |
Xullo | I Encontro Portugués de Biometría e I Encontro Luso-Galaico de Biometría |
|
Lugar: Datas: Organiza: Páxina web: |
Outubro | XI Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións |
|
Lugar: Datas: Organiza: Páxina web: |
Novembro | Xornadas sobre o Ensino da Estatística |
|
Lugar: Datas: - Vigo: 16 de outubro de 2013 Organiza: Páxina web: |
Decembro | Acto de clausura do Ano Internacional da Estatística |
|
Lugar: Datas: Organiza: Programa: |