ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Curso de Estatística con R para profesorado de ensino medio
A SGAPEIO, en colaboración coa Universidade de Vigo, organiza un curso de “Estatística con R para profesorado de ensino medio”. O curso, de carácter non presencial, realizarase a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo (TEMA-FAITIC).
- Datas de celebración do curso: do 1 ao 31 de outubro de 2013 (40 horas lectivas).
- Prazo de inscrición: do 5 ao 25 de setembro de 2013.
- Cota de inscrición:
- Xeral: 75€
- Socios/as da SGAPEIO e persoas inscritas no XI Congreso da SGAPEIO: 25€
-Inscrición e matrícula: Web FAITIC
-PROGRAMA:
TEMA 1. Instalación e primeiros pasos co programa estatístico “R”. Sintaxis. Estruturas de datos. Abrir/cerrar/importar/exportar datos. Operacións elementais cos datos.
TEMA 2. Estatística descriptiva con R: Táboas de frecuencias, promedios, medidas de resumen.
TEMA 3. Construción de gráficos estatísticos.
TEMA 4. Distribucións de probabilidade: Binomial, Poisson, Normal.
TEMA 5. Medidas de asociación entre variables: Correlación. Regresión lineal. Regresión loxística.
TEMA 6. Inferencia estatística I: intervalos de confianza, contraste de hipótese. Análise da varianza.
TEMA 7. Inferencia estatística II: contrastes non paramétricos.
O curso consiste nestas sete unidades didácticas coas súas correspondentes tarefas que os alumnos deberán realizar. A cualificación do curso será a media das obtidas nas tarefas máis un exame conceptual tipo test realizado ao final (equivalente a unha tarefa).
-PROFESORADO:
Antonio Vaamonde Liste, Catedrático de Estatística, Universidade de Vigo.
Salvador Naya Fernandez, Profesor Titular de Estatística, Universidade de A Coruña.
Tomás Cotos Yañez, Profesor Contratado Doctor, Universidade de Vigo.
Está en trámite o recoñecemento da Consellería de Educación como actividade de formación continua.
Máis información sobre o curso na web de FAITIC