Asemblea Xeral da SGAPEIO 2012

O dia 16 de febreiro de 2013 terá lugar, no salón de actos da Facultade de Matemáticas, a apertura do Ano Internacional da Estatística e a Asemblea Xeral da SGAPEIO.

Programa:

10:30-11:00: Acto de apertura do Ano Internacional da Estatística.

11:00-12:15: Conferencia “Ata onde as finanzas se poden contar”.

   Silvia Barco Tato

   Directora de Control Financiero e Middle Office no Banco Gallego

12:15-12:45: Pausa.

- 12:45-14:00: Asemblea Xeral da SGAPEIO.

Resumo da conferencia:

As finanzas cuantitativas son a parte das finanzas que se poden contar, ou o que é o mesmo, a parte das finanzas ás que se lles aplican as matemáticas financeiras, sobre todo a estatística.

Este tipo de técnicas son especialmente útiles na xestión de carteiras, a xestión de risco e a valoración de derivados:

  • En xestión de carteiras nocións como rendibilidade media e covarianzas para activos permiten cuantificar o concepto de "diversificación".
  • A meirande parte dos riscos financeiros implican situacións que se desenvolven ao longo do tempo, por tanto os modelos baseados nos procesos estocásticos resultan ser os máis axeitados para a xestión do risco.
  • Para a valoración de derivados, métodos de simulación, como o método de Montecarlo, son usados en finanzas dende os anos 40.

Estes tres temas son o punto de partida de miles de teses, métodos, modelos… nos que as matemáticas, en concreto a estatística, e as finanzas fusiónanse nunha única materia.

2024  SGAPEIO   globbers joomla templates