Premios de Transferencia de Tecnoloxía da RAGC e da GAIN

Descrición: A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) convidan a presentar candidaturas aos Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2018. Para facilitar a tarefa, simplificamos as bases de xeito significativo e habilitamos un proceso de presentación totalmente telemático. Estes galardóns chegan á súa cuarta edición coa vontade de recoñecer o traballo dos/das investigadores/as e dos/das empresarios/as que apostan pola transferencia de coñecemento como base para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia.

Modalidades e premios:

  • Premio a un traballo de investigación aplicada: 6.000 € netos e unha axuda de 4.000 € para a formación dun membro do equipo investigador.
  • Premio a un caso de éxito en transferencia de tecnoloxía a pemes: 12.000 € netos, para un caso de transferencia en pemes ou micropemes, con independencia do mecanismo, xa sexa adquisición de patente, proxecto conxunto, spin-off, etc.
  • Premio a un caso de éxito empresarial para grandes empresas: O premio para a empresa será honorífico, acreditado cunha placa conmemorativa. O grupo de investigación recibirá 6.000 € netos, en concepto de apoio ao seu traballo.

Prazo: Comezará o 15 de marzo e rematará ás 15 horas do 31 de maio.
Presentación de proxectos: A participación será tramitada de xeito telemático a través dun formulario electrónico específico para cada modalidade e dispoñible nas webs da Real Academia Galega de Ciencias (www.ragc.gal) e da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal/). A documentación será enviada por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., acompañado dunha memoria descritiva dunha extensión máxima de 70 páxinas e dos documentos acreditativos sinalados no formulario.
Sitio web: https://www.ragc.gal/gl/premios/premios-transferencia-de-tecnoloxia-en-galicia-2018 

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates