ÚLTIMAS NOVAS
- Seminario RSME
- XI Concurso Incubadora de Sondaxes E Experimentos - Ampliación Prazo de Inscrición
- XI Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos - Aberto prazo de inscrición
- IES Agra do Orzán de 3º e 4° da ESO na Gymkana Florence Nightingale
- XV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións | Segunda Circular
Acceso socios
XI Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), convocou o XI Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Participantes:
Poden participar estudantes (matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2020-2021) de ESO, FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio. A participación pode ser individual ou en grupo (máximo de 5 estudantes). Cada participante ou grupo deberá contar polo menos cun docente-titor do seu centro, que supervise o traballo presentado. Distínguense tres categorías:
- Categoría A: 1º e 2º de ESO.
- Categoría B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.
- Categoría C: Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio.
Non hai limitación de concursantes por un mesmo centro, nin de traballos titorizados por un mesmo docente. Só se permite unha participación por estudante.
Datas importantes:
- Inscrición de traballos: dende o 05 de abril ata o 18 de abril 2 de maio de 2021.
- Entrega dos traballos finalizados: dende o 19 de abril ata o 2 de maio de 2021.
- Fallo do xurado: dende o 30 de maio ata o 3 de xuño 2021
Vídeo promocional
Formulario de inscrición (aberto durante o mes de abril do 2021).
Colaboradores principais
Coladoradores