XIII Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos

A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), convocou o XIII Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

 

Bases Díptico

Participantes:
Poden participar estudantes (matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2022-2023) de ESO, FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio. A participación pode ser individual ou en grupo (máximo de 5 estudantes). Cada participante ou grupo deberá contar polo menos cun docente-titor do seu centro, que supervise o traballo presentado. Distínguense tres categorías:
  • Categoría A: 1º e 2º de ESO.
  • Categoría B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.
  • Categoría C: Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio.
Non hai limitación de concursantes por un mesmo centro, nin de traballos titorizados por un mesmo docente. Só se permite unha participación por estudante.
 
Datas importantes:
  • Inscrición de traballos: dende o 22 de marzo ata o 18 de abril de 2023.
  • Entrega dos traballos finalizados: dende o 26 de marzo ata o 23 de abril de 2023.
  • Fallo do xurado: do 22 ao 26 de maio de 2023.

Formulario de inscrición (aberto desde o 22 de marzo ata o 18 de abril de 2023)

Vídeo promocional

Colaboradores principais

Coladoradores

2023  SGAPEIO   globbers joomla templates