ÚLTIMAS NOVAS
- XLIX Coloquio Argentino de Estadística (CAE) e VII Jornada de Educación en Estadística “Martha Aliaga” (JEE)
- Número 61 de INFORMEST
- Ingrid Van Keilegom doutora Honoris Causa da Universidade da Coruña
- 7 ofertas de traballo na Universidade de Glasgow
- 6 postos de postdoutoramento na Unidade de Investigación do iMAT, dentro do "Qualifica Excellence Program"
Acceso socios
Recreo Estatístico
EUROS E COINS
A moeda do recentemente creado país de Tabarnia é o “Tabarnia coin”. Un coin vale hoxe exactamente un euro, pero dentro dun ano, tendo en conta a evolución previsible, valerá ou ben dous euros (escenario A) ou ben medio euro (escenario B) con igual probabilidade. Os tabarneses, tradicionalmente aforradores e mirados en cuestións monetarias, dubidan na estratexia a seguir: E mellor conservar os coins, ou cambialos agora por euros en previsión do que virá?
Aqueles que teñen coins poden calcular doadamente o seu valor esperado en euros dentro dun ano:
E[C] = 2E x 1/2 + 0,5E x 1/2 = 2x1/2 + 0,5x1/2 = 1,25 euros
É mellor gardar os coins que cambialos por euros.
Mais algúns tabarneses teñen euros que, loxicamente dentro dun ano, poderán cambiar pola metade ou o dobre de coins con igual probabilidade, e o valor esperado dun euro é polo tanto:
E[E] = 2C x 1/2 + 0,5C x 1/2 = 2x1/2 + 0,5x1/2 = 1,25 coins
É mellor gardar os euros que cambialos por coins.
Que está a pasar? Non pode ser mellor ao mesmo tempo cambiar os euros a coins e cambiar os coins a euros. En Tabarnia xa non funciona a estatística?