O FILLO DO MARIÑEIRO

Un mariñeiro, que navega regularmente co seu veleiro mercante entre dous destinos lonxanos, ten unha noiva en cada porto, e ambas as dúas (que non saben ren unha da outra) queren ter un fillo seu. El resístese durante un tempo, pero logo decide que o terá, cunha delas ou coas dúas, segundo o resultado do lanzamento dunha moeda: se sae cara, un fillo; se sae cruz, dous. Ademais decide que, se sae cara, elixirá a muller que vive na cidade que apareza en primeiro lugar na Guía de Portos do Mariñeiro, considerando que este procedemento é o máis imparcial: aínda que ten un exemplar da guía, non o ten lido, e non sabe cal é a cidade que vén primeiro.

Agora, supoñamos que ti es o fillo daquel mariñeiro, e descobres casualmente dentro dun libro unha antiga nota do teu pai, xa desaparecido, na que explica o procedemento que vai utilizar. Non sabes cal foi o resultado do lanzamento da moeda e tampouco tes a Guía de Portos do Mariñeiro. Cal é a probabilidade de que teñas un medio irmán (é dicir, que a moeda saíu cruz)?

Solución

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates