ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Recreo Estatístico
MABINOGION
O Mabinogion, conxunto de contos galeses da tradición oral anteriores ao século XII, describe as viaxes de Peredur, fillo de Evrawk, nunha das cales chega á beira dun río e atopa un rabaño de ovellas brancas, e, do outro lado do río, un rabaño de ovellas negras. Cando unha ovella branca bala, unha ovella negra cruza o río e vólvese branca, e cando unha ovella negra bala, unha ovella branca cruza o río e vólvese negra. O azar decide cantas ovellas brancas e negras hai en cada momento, máis o número total de ovellas non cambia.
Todas as ovellas pertencen de xeito comunal aos veciños que, de cando en vez, interveñen no proceso aleatorio sacrificando algunha ovella para a súa alimentación, e que decidiron fixar como obxectivo prioritario, mesmo por riba da súa fame, acadar o número máis grande posible de ovellas negras.
Cal é a estratexia óptima para lograr o seu obxectivo?