Dilema do tesoureiro

Solución: Trátase dunha versión libre do coñecido “dilema do prisioneiro”, que adoita ilustrarse coa historia de dous ladróns que son detidos sen probas, pero a cada un deles por separado ofréceselles a pena mínima a cambio da súa confesión. De acordo coa análise clásica ambos confesarán, delatando ao seu compañeiro. Aínda que sería claramente mellor para os dous non confesar, non é unha opción racional.

Para analizar os resultados estableceremos números de orde (canto máis baixo mellor) para cada un. Indícanse na táboa seguinte entre parénteses os dous resultados (primeiro para o partido, segundo para o corrupto) para as catro combinacións posibles de estratexias:

  Corrupto
QQ O C
R (1,4) (3,3)
D (2,2) (4,1)

Dando por válida a ordenación dos resultados posibles, podemos observar como para o partido QQ a estratexia de “repudiar” (R) é sempre mellor que “defender” (D), calquera que sexa a opción do corrupto (resultado 1 fronte a 2; 3 fronte a 4). Dise que a segunda –defender- é unha estratexia dominada pola primeira –repudiar- e polo tanto aquela non será utilizada en ningún caso.

Para o outro protagonista da nosa historia ocorre o mesmo, a súa estratexia “cantar” (C) domina a “ocultar” (O), xa que o seu resultado será sempre mellor (tamén 1 fronte a 2; 3 fronte a 4), e polo tanto, atendendo a criterios estritos de racionalidade, a súa decisión non pode ser outra que cantar.

A decisión, polo tanto, soamente pode ser o repudio do corrupto e a saída á luz da información comprometedora, cuxo resultado (3,3) é peor para ambos que o da combinación defender-ocultar (2,2); pero esta última non é racional: de aí el dilema. Non obstante, a realidade supera sempre á ficción, e quizais o ser humano non é tan racional como pensamos.

 

 

2019  SGAPEIO   globbers joomla templates