Conferencia de Daniel Peña no IGE

O vindeiro xoves 18 de xuño, Daniel Peña Sánchez de Rivera, catedrático da Universidad Carlos III de Madrid, impartirá unha conferencia no Instituto Galego de Estatística:

- Conferencia “Redución da dimensión mediante compoñentes principais dinámicos e modelos factoriais para series temporais”.

- Data: 18 de xuño de 2015.

- Hora: 13:30 – 14:45 h.

- Lugar: salón de actos da Consellería de Sanidade

- Destinatarios: persoal do IGE e outras administracións públicas, alumnos e profesores universitarios, e profesionais que traballen con series temporais.

A inscrición: é gratuíta pero é preciso mandar unha mensaxe a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co nome, apelidos e DNI.

Resumo da conferencia

Farase unha revisión dos métodos de redución da dimensión en series temporais, analizando o uso de compoñentes principais, tanto estáticos como dinámicos, e os modelos factoriais. Presentarase o enfoque de Brillinger para compoñentes dinámicos e unha proposta recente de Peña e Yohai (2015) que pode aplicarse en condicións moito máis xerais, para grandes bases de datos e que proporciona mellores resultados. Estudarase a relación entre os modelos de compoñentes principais e os modelos factoriais. A presentación ilustrarase con datos económicos, do medio e demográficos.

2023  SGAPEIO   globbers joomla templates