ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
XIV Concurso STUDENT de Estatística Aplicada
O Servei d'Estadística Aplicada da Universitat Autònoma de Barcelona convoca a XIV edición do Concurso STUDENT de Estatística Aplicada.
Poderán optar ao concurso tódolos estudantes de grao ou de máster que estean matriculados este curso académico 2015-16 en calquera universidade española. Os aspirantes deberán analizar un conxunto de datos, enmarcado nun problema real, e propoñer unha solución. O contido do traballo deberá ser inédito e de temática libre.
Outorgaranse tres premios:
- Premio Idescat ao mellor traballo de máster: dotación económica de 500 €.
- Premio SEA ao mellor traballo de grao: dotación económica de 500 €.
- Premio Almirall ao mellor traballo en bioestatística: dotación económica de 500 €.
Data límite para enviar os traballos: 11 de setembro de 2016.
Máis información: STUDENT