VIII Xornadas de Usuarios de R

A Asociación RHispano anuncia a celebración das VIII Xornadas de Usuarios de R, que terán lugar os días 17 e 18 de novembro de 2016 na Universidad de Castilla La Mancha, no seu Campus de Albacete.

Como en anos anteriores, a presentación de traballos nas Xornadas pode ser en forma de Presentación oral, en distintas sesións paralelas, en forma de Póster, nunha sesión específica, ou como un Obradoiro que permita profundar en aspectos interesantes e menos coñecidos de R.

O envío de traballos debe facerse a través do formulario habilitado na web do congreso. Nesta edición das Xornadas tamén se outorgará un premio ao mellor traballo presentado por un investigador novo.

Máis información: VIII-JornadasR

2023  SGAPEIO   globbers joomla templates