Wenceslao González Manteiga , novo membro do IMS

O Institute of Mathematical Statistics (IMS) acaba de elixir como novo membro ao catedrático de Estatística e Investigación Operativa da USC Wenceslao González Manteiga, unha designación reservada a investigadores de recoñecido prestixio no ámbito da estatística e a probabilidade. Este recoñecemento será entregado no Joint Statistics Meeting que se celebrará en Baltimore (EEUU) a finais do vindeiro mes de xullo e que está considerado como un dos eventos máis importantes do mundo no ámbito da estatística

Máis información: http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2017_05/noticia_0027.html

2023  SGAPEIO   globbers joomla templates