ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
IV Xornada de Usuarios de R en Galicia
O día 19 de outubro de 2017, na Facultade de Matemáticas da USC, terán lugar as IV Xornadas de Usuarios de R en Galicia, para por en común coñecementos e experiencias; ademais de non perder a oportunidade de “socializar” e contactar con axentes e/ou grupos de traballo.
A inscrición realizarase na seguinte https://www.r-users.gal/inscricion, é de balde e de libre acceso.
Se quere presentar algún relatorio sobre un tema do seu interese relacionado con R, pode enviar un resumo da idea ao seguinte formulario: https://goo.gl/forms/pIGcZLB4ToNQBjM33
A xornada é organizada pola Oficina de Software Libre do CIXUG, patrocinada pola AMTEGA (Xunta de Galicia), e conta coa colaboración da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.