Novas da SGAPEIO, 23 de outubro 2018

1.- Curso de Estatística con R para profesionais da saúde
Descrición: Está aberta ata o 25 de outubro a inscrición na sexta edición do curso de formación Estatística con R para Profesionais da saúde da Universidade de Vigo. O curso é totalmente non presencial para que médicos e demais tituladas/os do ámbito biosanitario, ou o estudantado universitario de último curso, poidan seguilo en horario libre e desde calquera lugar de modo compatible coa súa actividade. O curso realizarase desde o 1 de novembro ata o 15 de decembro de 2018.
O programa estatístico R é gratuíto e pódese instalar libremente en calquera computadora e sistema operativo. Tense convertido en poucos anos no programa estatístico de uso xeral máis potente e versátil, con gran diferenza sobre calquera outro programa existente. A comunidade estatística mundial colabora de forma desinteresada co proxecto R (R Project), e miles de investigadores achegan constantemente código e funcionalidades. Actualmente é fácil atopar paquetes de R e aplicativos avanzados no ámbito das ciencias da saúde.
Coñecementos previos: Non é preciso ter un nivel elevado de Estatística ou coñecer previamente o programa R, aínda que sen dúbida eses coñecementos poden aumentar o rendemento do alumnado.
Tipo de docencia: O curso é eminentemente práctico e aplicado e se realizará mediante a secuenciación de unidades didácticas de forma virtual a través de Faitic, a plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo.
Equivalencias: Este curso está recoñecido con 5,1 créditos como actividade de formación contínua para profesionais sanitarias/os pola Consellaría de Sanidade da Xunta de Galicia (Sistema Nacional de Saúde). Para o alumnado da Universidade de Vigo equivale a 2 créditos de libre elección.
Taxas: O prezo da matrícula son 125 euros (persoas en paro e estudantes, 90 euros).
Máis información: Toda a información do curso, así como a realización da preinscrición, atópase en https://bubela.uvigo.es/curso/3328

2.- Curso “O Papel da Programación Matemática na Ciencia de Datos”
Descrición: Desde o Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización de Santiago de Compostela, comprácenos convidalos ao curso "O Papel da Programación Matemática en Ciencia de Datos", que terá lugar do 19-23 novembro de 2018, na Facultade de Matemáticas. O curso será impartido polo profesor Emilio Carrizosa Priego (Universidad de Sevilla).

Horario:

  • Luns 19 18: 00h - 20: 00h, Aula 5.
  • Martes 20 de 16: 00h - 18: 00h, Aula 5.
  • Mércores 21 16: 00h – 18: 00h, Aula 1.
  • Xoves 22 18: 00h - 20: 00h, Aula 1.
  • Venres 23 16: 00h - 18: 00h, Aula 1.

Contido:

  • Introdución aos métodos de programación matemática. Métodos exactos, métodos heurísticos.
  • Técnicas de redución de dimensión.
  • Clasificación e regresión. Support Vector Machines. Árbores de clasificación.
  • Clasificación e regresión con datos funcionais.

O curso é gratuíto, pero o rexistro é necesario no seguinte enlace:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeAwOdRj1ULfkZs4zBFug8pMA3rIc_rWa3ee3Ps1Xwof7QgBA/viewform

3.- Curso “Modelos Jerárquicos Bayesianos aplicados a Desigualdades en Salud”
Datas: Granada, do 30 de xaneiro ao 20 de febreiro de 2019.
Sesións presenciais: 30 e 31 de xaneiro
Coordinación: Antonio Daponte Codina
Horas Totais: 25.
Modalidade: Semipresencial
Prazo de inscrición: 19 /12 /2018
Matrícula: 258 €
Dirixido a: Profesionais interesados na análise de datos de saúde a través de modelos Bayesianos xerárquicos a través de R INLA.
Requisitos: Formación previa nas estatísticas e epidemioloxía.
Obxectivo xeral: Coñecer e ser capaz de aplicar modelos xerárquicos bayesianos para a análise de datos en epidemioloxía e saúde pública
Metodoloxía: Esta actividade formativa é de natureza mixta e está orientada cara á práctica, polo que as explicacións teóricas combinaranse cos casos prácticos.
Sitio web: http://www.easp.es/cursos/?idCurso=311P01NA18#c

4.- Premio de Investigación José Luis Rubio de Francia
Descrición: O Premio de Investigación José Luis Rubio de Francia é outorgado pola Real Sociedad Matemática Española (RSME) e está dirixido a investigadores novos españois, no ámbito das matemáticas, e que fixeron o seu traballo en España. O obxectivo do premio é recoñecer e incentivar o traballo científico en matemáticas, especialmente a posta en valor do traballo e resultados de grande importancia científica, así como as achegas individuais, máis que a cantidade das achegas dos que concursen.
Datas importantes: Para cada edición de carácter anual, as candidaturas son recibidas ata o 31 de decembro dese ano fallándose o premio sempre antes do 1 de xullo do ano seguinte.
Máis información: https://www.rsme.es/2018/06/premio-jose-luis-rubio-de-francia/

5.- Oitavo International Congress on Industrial and Applied Mathematics (ICIAM)
15 de xuño de 2019 – 19 de xuño 2019
Valencia, España
Descrición: O Congreso Internacional de Matemática Industrial e Aplicada (ICIAM) é o primeiro congreso internacional no campo da matemática aplicada celebrado cada catro anos baixo os auspicios do International Council for Industrial and Applied Mathematics. Do 15 ao 19 de xullo de 2019, os matemáticos de todo o mundo xuntaranse na Universidade de Valencia para participar na oitava edición do ICIAM.
Máis información: https://iciam2019.org/

6.- Concesión de axudas para contratos de predoutoramento para a realización de teses de doutoramento en universidades españolas (FPU)
Descrición: Destinadas á formación investigadora en programas de doutoramento para a consecución do título de Doutor/a ou a adquisición de competencias docentes universitarias, en calquera área de coñecemento científico, que faciliten a futura incorporación destas persoas ao sistema español de educación superior, e de investigación científica.
Máis información: www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/998758/ficha/998758-2018.html

7.- Axudas para contratos predoutorais para a formación de doutores (FPI)
Descrición: O obxectivo do Programa Estatal de Promoción do Talento e a sua Empleabilidade é financiar e incentivar, mediante convocatorias en concorrencia competitiva, a formación e especialización dos recursos humanos en I+D+I e impulsar a súa inserción laboral, tanto no sector público como privado, así como facilitar a mobilidade internacional e a mobilidade dentro do sector público -Universidades e organismos de investigación- e entre este e as empresas. O Programa Estatal de Promoción do Talento e a súa Empleabilidade está integrado por tres Subprogramas estatais: Formación, Incorporación e Mobilidade.
Máis información:
www.ciencia.gob.es/portal/site/MICINN/menuitem.dbc68b34d11ccbd5d52ffeb801432ea0/?vgnextoid=131955e2d5e01610VgnVCM1000001d04140aRCRD

8.- Oferta de emprego en ÁlamoConsulting
Condicións:

  • Contrato indefinido e soldo baseado na experiencia.
  • Incorporación inmediata ou a convir co candidato.
  • Lugar de traballo na nosa oficina situada na Coruña.


Perfil: Matemáticos, enxeñeiros de computación, telecomunicacións ... con interese nas novas tecnoloxías e no traballo con datos, motivación e entusiasmo para crecer, innovar e aprender rapidamente.
Formación Complementaria: Coñecementos mínimos de informática e interese pola tecnoloxía. Se valorarán especialmente os coñecementos de bases de datos.
Localización: Precisamos incorporar xente para a nosa delegación de Galicia (A Coruña).
Solicitudes: Se estás interesado en participar no proceso de selección, envía o teu CV coa referencia TIC_CO á dirección: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

9.- Procura candidatos predoutorais para dous contratos FPI no grupo MODES
Descrición: O grupo MODES busca candidatos para os dous contratos FPI que foron concedidos aos proxectos "Inferencia Estatística Flexible para Datos Complexos, de Gran Volume e de Alta Dimensión" (MTM2017-82724-R) e "Optimización e Cooperación con Aplicacións en Economía, Enerxía e Loxística" (MTM2017-87197-C3-1-P).
Ademais, o grupo MODES incorporará estudantes de doutoramento a contratar con cargo a fondos de investigación e participará en distintas convocatorias competitivas (FPU, predoc da Xunta de Galicia).
Os candidatos deben enviar a súa expresión de interese, xunto con copia do seu expediente académico o 22 de outubro de 2018, como data orientativa, á dirección de correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

10.- Anuncio bolsa FPI con cargo ao proxecto MTM2017-82553- R "NOVOS RETOS NA MODELIZACION ESPAZO-TEMPORAL CON APLICACIÓNS EN SAÚDE, VIOLENCIA DE XERO E TELEDETECCION"
Investigadora principal: MARÍA DORES UGARTE MARTÍNEZ.
Contacto e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Dpto de Estatística, Informática e Matemáticas, Universidade Pública de Navarra
Prazo: O prazo de presentación de solicitudes é desde o 9 ao 29 de outubro de 2018 ás 15 horas (hora peninsular española)*
Solicitudes: As solicitudes deberán facerse de forma telemática a través dos medios electrónicos habilitados na sede electrónica do Ministerio.
Descrición: As axudas teñen como obxecto a formación de doutores mediante o financiamento de contratos laborais, baixo a modalidade de contrato predoctoral, do persoal investigador en formación en centros de I+D, que desexen realizar unha tese doutoral asociada a un proxecto de investigación financiado polas axudas para proxectos de I+D do Subprograma Estatal de Xeración de Coñecemento no marco do Programa Estatal de Fomento da Investigación Científica e Técnica de Excelencia ou polas axudas para proxectos de I+D+i “Retos Investigación” do Programa Estatal de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Orientada aos Retos da Sociedade, respectivamente nas súas convocatorias 2017.
Poderán ser solicitantes todas aquelas persoas que estean matriculados ou fosen admitidos nun programa de doutoramento, para o curso 2018/2019. É posible solicitar a admisión no Programa Interuniversitario de Matemáticas e Estatística na UPNA nestes días. (ver https://www.unavarra.es/escuela-doutoramento/programas-de-doutorado/plan-actual/ciencias/doutorado-matematicas-estadistica)
As axudas comprenderán tres conceptos: a axuda para o financiamento dos contratos, a axuda para a realización de estancias en centros de I+D e a axuda para financiar os gastos de matrícula nos ensinos de doutoramento. Autorizarase unha axuda de 6.250 euros por cada investigador contratado que se poderá destinar á axuda para a realización de estancias en centros de I+D e para financiar os gastos de matrícula nos ensinos de doutoramento.
Teña en conta que unha vez completado o proceso telemático deberá asinar e rexistrar a solicitude para poder acceder á convocatoria. Tanto se opta por levar a solicitude a un rexistro físico coma se realiza a firma electrónica da solicitude, recomendámoslle que o faga coa maior celeridade posible para evitar a súa entrega fóra de prazo.

11.- Nova oferta de emprego no Grupo Inverdama e Neuronal Innovation Control
O grupo Inverdama e Neuronal Innovation Control selecciona o seguinte perfil para a súa incorporación na Oficina Técnica:

  • Titulado ou estudante especializado en procesamento de datos e aplicación de técnicas estatísticas.
  • Facilidade de traballo en equipo e habilidades de comunicación elevadas.
  • Proactividade e organización no traballo.
  • Iniciativa na resolución de problemas.

As funcións que realizará son:

  • Tarefas de programación de instalacións para o procesamento de datos
  • Uso de técnicas estatísticas para solucións industriais
  • Xeración de informes

Interesado enviar CV actualizado á dirección de correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates