“Onde caben dous caben cinco” representará a España na ISLP Poster Competition 2022-2023

A Sociedad Española de Estadística e Investigación Operativa (SEIO) seleccionou o traballo: “Onde caben dous caben cinco” realizado por Pablo Araújo Rodríguez, Florencia Isabel Balmelli Rivero, Eduardo A. Tella Vidal e Isabel Rodríguez Polín e titorizado por María Ángel Martínez Rodríguez, do centro IES Agra de Orzán (A Coruña) para representar a España na ISLP Poster Competition 2022-2023 na categoría de secundaria superior.

Para máis información deste concurso pódese consultar: https://iase-web.org/islp/Poster_Competition_2022-2023.php

Dende a SGAPEIO queremos felicitar aos compoñentes do grupo de traballo e a súa titora por este novo éxito. Parabéns!

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates