ÚLTIMAS NOVAS
- 11ª Edición do Curso e Seminario Aberto sobre Análise de Datos Composicionais
- Segunda Convocatoria de axudas “Doctorados Industriales” 2024
- Convocatorias de Investigación con prazo de solicitude aberto
- Prazas para o corpo de Diplomados en Estatística
- Praza de profesor axudante doutor na Universidad de Valladolid
Acceso socios
XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións | Primeira circular
Temos o pracer de anunciar a celebración do XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións 2025 que terá lugar no Campus de Ourense da Universidade de Vigo, do 23 ao 25 de outubro de 2025.
O congreso está organizado polo departamento de Estatística e Investigación de Operacións da Universidade de Vigo en colaboración coa Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO), e forma parte dos congresos bianuais promovidos por esta sociedade. Coma en edicións anteriores, a finalidade deste congreso é a divulgación na investigación e no ensino das innovacións da Estatística e a Investigación de Operacións. Con tales fins, entre os distintos actos incluiranse mesas redondas, obradoiros, sesións de comunicacións orais e tipo póster, e conferencias plenarias impartidas por distinguidos relatores.
O programa ofrecerá ademais actividades de carácter social e cultural, que agardamos sexan do agrado dos asistentes.
Nesta edición a programación incluirá diferentes xornadas, entre elas:
- II Xornadas de Innovación Docente na Estatística e Investigación de Operacións.
- Sesión Biometría Galicia – Portugal, que se organiza conxuntamente coa Sociedade Portuguesa de Estatística.
Mais información sobre o congreso (programa científico, inscrición, presentación de traballos, datas límite etc.) na web http://xviicongreso.sgapeio.es/, ou contactando a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Confiamos que sexa do voso interese e agardamos a vosa participación.