ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Proxecto Yuzz
Aberta en Santiago e Vigo a convocatoria para participar no Programa YUZZ "Novos con Ideas"
- Os ganadores recibirán un total de 60.000 euros: 30.000 para o primeiro premio, 20.000 para o segundo e 10.000 euros para o terceiro.
- Organizado polo Centro Internacional Santander Emprendimiento (CISE), coa colaboración en Santiago e Vigo da Consellería de Traballo e benestar, co apoio de Banco Santander, a través de Santander Universidades.
- O programa premia a mozos con ideas innovadoras en máis de 20 centros distribuídos por toda España.
O Centro Internacional Santander Emprendimiento (CISE) e a Conselleria de Traballo e Benestar anunciaron o lanzamento da quinta edición do Programa YUZZ "Novos con Ideas" para a promoción do talento novo e o espírito emprendedor.
A nova edición de YUZZ conta co mecenazgo de Banco Santander, a través da súa División Global Santander Universidades, e a colaboración da Conselleria de Traballo e Benestar quen . está a cargo da coordinación do Programa YUZZ en Santiago de Compostela e Vigo.
O programa, dirixido a mozos de entre os 18 e 31 anos, ofrece durante sete meses apoio, formación e asesoramiento para elaborar plans de negocio baseados en ideas innovadoras, de base tecnolóxica, propostas polos mozos seleccionados para participar no concurso.
Os tres mellores proxectos nacionais recibirán unha dotación total de 60.000 euros; 30.000 para o primeiro posto, 20.000 para o segundo e 10.000 euros para o terceiro.
Os premios locais ofrecerán aos mozos a oportunidade de viaxar a Silicon Valley (California, EEUU) para coñecer de primeira man o principal referente internacional en innovación. Durante unha semana os ganadores visitarán empresas tecnolóxicas emblemáticas, interactuarán con diferentes axentes da contorna académica e empresarial e realizarán actividades de "networking".
A convocatoria para participar neste programa permanecerá aberta ata o 23 de abril. As bases da convocatoria e formulario de inscripción están dispoñibles en www.yuzz.org.