ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
I Encontro Luso-Galaico de Estatística no Medio Ambiente e na Ecoloxía
A SGAPEIO ten o pracer de anunciar o I Encontro Luso-Galaico de Estatística no Medio Ambiente e na Ecoloxía, EES 2014, que terá lugar en Vila Real, na Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, do 6 ao 8 de novembro de 2014.
Este encontro temático está organizado pola Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) e pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) co apoio do Centro de Investigação e de Tecnologias Agroambientais e Biológicas (CITAB), Centro de Matemática da UTAD (CM-UTAD), Centro de Estatística e Aplicações da Universidade de Lisboa (CEAUL) e Centro de Matemática da Universidade do Minho (CMAT).
A realización conxunta deste encontro ven reforzar e solidificar as colaboracións xa existentes entre ambas sociedades, SPE e SGAPEIO, para a promoción e divulgación da Estatística e da Investigación Operativa nas áreas do medio ambiente e da ecoloxía, fomentando e dando inicio a novas discusións e proxectos. A extensión destes obxectivos a toda a comunidade científica nacional e internacional fará que o encontro sexa máis frutífero.
O encontro inclúe un programa de comunicacións orais e pósters, un minicurso, sesións plenarias, sesións invitadas, unha mesa redonda e diversas actividades sociais.
- Data límite de envío do resumo (2 páxinas): 30 de xullo de 2014.
- Notificación da decisión: 07 de setembro 2014.
Sesións plenarias:
Alexandra M. Schmidt- DME, Universidade Federal do Rio de Janeiro.
Janine Illian- CREEM e SMS, Universidade de St Andrews.
Kamil Feridun Turkman- CEAUL e DEIO, Universidade de Lisboa.
Wenceslao González Manteiga- DEIO, Universidade de Santiago de Compostela.
Sesións convidadas:
Jesús Aboal Viñas- DBCE, Universidade de Santiago de Compostela.
João Cabral- CITAB e DeBA, Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro.
María José Lombardía Cortiña- DM, Universidade da Coruña.
Rosa Maria Crujeiras Casais- DEIO, Universidade de Santiago de Compostela.
Minicurso: Métodos para a estimación da abundancia animal.
Russell Alpizar Jara- CIMA-UE e DM, Universidade de Évora.
Tiago Marques- CREEM, Universidade de St. Andrews.
Póster do encontro: http://eio.usc.es/pub/ees2014/descargas/EES2014posterGA.pdf
Máis información: http://eio.usc.es/pub/ees2014/index.php/gl