Os días 2 e 3 de xullo de 2014 tivo lugar en Granada a IV Fase Nacional dos concursos tipo Incubadora de Sondeos y Experimentos, coa participación de oito fases locais. O traballo que representaba a Galicia na categoría de Bacharelato e Ciclos Formativos obtivo unha Mención Especial neste concurso:
- Título: Introdución á análise sensorial. Estudo hedónico do pan no IES Mugardos.
- Centro: IES de Mugardos.
- Titora: Covadonga Rodríguez-Moldes Rey.
- Alumnos: Verónica González Regueiro, Carlos Rodeiro Matriz, Carmen María Sanmartín Fero, Sergio Vila Plana.
A relación completa de traballos premiados nesta IV Fase Nacional da “Incubadora de Sondeos y Experimentos” pode consultarse na páxina web da SEIO.

